03/02/15 UGACOTA convídate a coñecer a súa programación formativa para o ano 2015 FORMACIÓN GRATUÍTA NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN.
Dirixida a: Persoas socias e asalariadas de empresas e entidades da economía social: cooperativas, mutualidades, fundacións e asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación e outras entidades singulares adscritas aos principios da economía social.
Resérvase tamén unha porcentaxe de entre o 20 e o 40 de prazas totais do Plan para persoas en situación de desemprego.
03/02/15 COCETA lanza un vídeo para explicar o cooperativismo á mocidade A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) lanzou o vídeo " Por que unha cooperativa? ". Nel un grupo de mozos e mozas explican dun xeito ameno e sinxelo, con actores, a opción que ten a mocidade de formar unha cooperativa de traballo, sobre todo en tempos de crise e cando non parece haber moitas alternativas máis que marchar do país.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE