inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave


  Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

¿Que é unha cooperativa?

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa, e en interese pola comunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que axustarse no seu funcionamento aos principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional:


As cooperativas baséanse nos valores da autoaxuda, da autoresponsabilidade, da democracia, da igualdade, da equidade e da solidariedade. Na tradición dos seus fundadores, as socias e socios cooperativos creen nos valores éticos da honestidade, a transparencia, a responsabilidade social e a preocupación polos demais.


Os principios cooperativos son pautas mediante as que se poñen en práctica os valores

I. Adhesión voluntaria e aberta

As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a todas as persoas capaces de utilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de ser socio ou socia, sen discriminación social, política, relixiosa, racial ou de xénero.

II. Xestión democrática

As cooperativas son organizacións democráticas controladas polos seus membros, que participan activamente na fixación das súas políticas e na toma de decisións. Os homes e mulleres elixidos para representar e xestionar as cooperativas son responsables ante as persoas socias. Nas cooperativas de primeiro grao, as persoas socias teñen iguais dereitos de voto, e as cooperativas doutros graos tamén se organizan con procedementos democráticos.

III. Participación económica dos socios e socias

As persoas socias contribúen equitativamente e controlan de xeito democrático o capital da cooperativa. Polo menos unha parte dos activos é por regra xeral, propiedade común da cooperativa. Usualmente reciben unha compensación, se existe, limitada sobre o capital achegado como condición para ser socio ou socia. As persoas socias asignan os excedentes para todos ou algún dos seguintes fins: ao desenvolvemento da súa cooperativa mediante a posible creación de reservas, das que, polo menos unha parte debe ser indivisible; ao beneficio dos socios e socias en proporción ás súas operacións coa cooperativa; e ao apoio doutras actividades aprobadas por elas.

IV. Autonomía e independencia

As cooperativas son organizacións autónomas, de autoaxuda, xestionadas polas súas persoas socias. Se asinan acordos con outras organizacións, incluídos os gobernos, ou se consiguen capital de fontes externas, realízano en termos que aseguren o control democrático por parte dos seus socios e socias e manteñan a súa autonomía cooperativa.

V. Educación, formación e información

As cooperativas brindan educación e formación ás persoas socias, ás elixidas para representalas, ao persoal directivo e empregado, para que poidan contribuír de xeito eficaz ao desenvolvemento das súas cooperativas. Informan ao público en xeral, especialmente á xuventude e aos líderes de opinión, sobre a natureza e os beneficios da cooperación.

VI. Cooperación entre cooperativas

As cooperativas serven ás súas persoas socias máis eficazmente e fortalecen o movemento cooperativo, traballando conxuntamente mediante estruturas locais, nacionais, rexionais e internacionais.

VII. Interese pola comunidade

As cooperativas traballan para o desenvolvemento sostible das súas comunidades mediante políticas aprobadas polas súas persoas socias.




Clases de cooperativas

As cooperativas clasifícanse en:
. cooperativas de traballo asociado
. cooperativas agrarias
. cooperativas de explotación comunitaria da terra
. cooperativas de consumidores e usuarios
. cooperativas de servicios
. cooperativas de transportistas
. cooperativas do mar
. cooperativas de explotación dos recursos acuícolas
. cooperativas de vivendas
. cooperativas de ensino
. cooperativas de integración social
. cooperativas de servicios sociais
. cooperativas de crédito
. cooperativas de seguros
. cooperativas sanitarias


Debe terse en conta que, para certos supostos, a Lei de cooperativas de Galicia establece determinadas asimilacións. Así, cando a cooperativa asocia a persoas que aportan o seu traballo persoal, complementariamente á regulación específica da clase de cooperativa que se trate, tamén lle resulta aplicable a normativa de cooperativas de traballo asociado.

Como cooperativa singular e excepcional tamén se contempla a cooperativa mixta de traballo mixto. Por outra parte, as cooperativas que acrediten a súa función social e cumpran unha serie de requisitos específicos poden ser cualificadas como "sen ánimo de lucro".

Para o cumprimento e desempeño de fins comúns de índole económico, dúas ou máis cooperativas poderán constituir cooperativas de segundo grao.

Así mesmo, para a defensa e promoción dos seus intereses, as cooperativas poderán asociarse libre e voluntariamente en unións, federacións e confederacións de cooperativas.



Os estatutos sociais

Os estatutos sociais, que son obrigatorios, regulan a estrutura e funcionamento interno da sociedade cooperativa, debendo regular unha serie de aspectos que a lei esixe como contido mínimo obrigatorio e que poden agruparse como: de identificación e ámbito, de estrutura social, de goberno e xestión da sociedade, e de xestión económica e financieira. Así mesmo, poderán conter aqueloas outras normas que os socios teñan por convinte, sempre que non resulten contrarias a lei.

Ao longo da vida da sociedade, os estatutos poderán modificarse coas formalidades previstas na lei, sendo necesaria a posterior inscrición da modificación estatutaria segundo os trámites previstos no Regulamento de Rexistro de Cooperativas.



O regulamento de réxime interno

Como instrumento áxil que plasme as relacións internas, a cooperativa pode ter un regulamento de réxime interno. Os socios teñen plena autonomía para establecer o seu contido, sempre que este non contradiga nin aos estatutos sociais nin á lei, podéndose establecer neste cuestións tales como tipificación de faltas leves, organización do traballo, organigramas empresariais, etc.



A regulación legal en Galicia

Galicia ten competencia exclusiva en materia de cooperativas en virtude da transferencia feita pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro (BOE 28.12.95), que ampliou a competencia orixinaria recollida no art. 28.7 do Estatuto de Autonomía. Con data 30.12.98 no DOG nº 251, publicouse a Lei 5/1998 do 18 de decembro de cooperativas de Galicia (Ir a Asesoría Virtual) que desde a súa entrada en vigor, o primeiro de marzo de 1999, regula as sociedades cooperativas galegas 1.
En desenvolvemento das previsións contidas na lei galega, publicáronse os seguintes decretos:
  • Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización e funcionamento do Consello Galego de Cooperativas (DOG nº 27, do 07.02.01). Ver o Decreto 25/2001
  • Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia (DOG nº 31, do 12.02.02).
    Ver o Decreto 430/2001
  • Decreto 248/2004, do 14 de outubro, polo que se regulan os procedementos de conciliación e arbitraxe cooperativa( DOG nº 211, do 20.12.90) Ver o Decreto 248/2004
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE