O vindeiro día 6 de xullo celébrase en Pontemaceira (Ames) o Día do cooperativismo galego, coincidindo coa conmemoración internacional que exalta en todo o mundo os valores e principios cooperativos.
Neste ano, baixo o lema “a empresa cooperativa avanza forte” perséguese a idea de crear unha maior conciencia sobre a contribución das empresas cooperativas ao desenvolvemento económico e social. Con esta premisa, o acto do Día do Cooperativismo Galego 2013 terá lugar nas instalacións de Feiraco S. Coop. Galega.
No día do cooperativismo, no que están chamados a participar os cooperativistas de toda Galicia, levarase a cabo o acto no que se entregarán os Premios á cooperación. Estes premios, que se outorgan pola actuación dun destacado labor no eido do cooperativismo, contan cas seguintes modalidades:
Tamén se fará entrega do Premio á mellor iniciativa cooperativa que ten por finalidade estimular o lanzamento de proxectos empresariais organizados baixo a fórmula cooperativa.
Así mesmo, entregaranse nesta xornada os premios correspondentes ao Certame “Cooperativismo no ensino”, nas súas categorías de Educación infantil, Primaria, Secundaria obrigatoria e Formación profesional de Galicia.
As persoas interesadas en asistir, deberán inscribirse nesta web, a través do correo electrónico: info@diadocooperativismo2013.com, do teléfono: 646 134 647 ou do fax 981 588 390.