"A EMPRESA COOPERATIVA AVANZA FORTE"

Como chegar

A Sociedade Cooperativa Galega Feiraco está situada no lugar de Pontemaceira que pertence ó concello de Ames.

Para chegar dende Santiago de Compostela, hai que ir en dirección Noia pola estrada AC-543 ata Bertamiráns. Partindo de Bertamiráns cara a Negreira (estrada local LC-450), e tras percorrer 8 kms aproximadamente, chegamos directamente a unha rotonda con carteis indicativos a Agrón e a Cooperativa Feiraco.

Do mesmo xeito pódese coller a autovía AG-56, dirección Noia. Unha vez na autovía tomar a saida 7 hacia Bertamiráns Norte/ Negreira AC-544, na segunda rotonda coller a estrada local LC-450, dirección Negreira. Percorrer esta estrada uns 8 kms ata chegar a rotonda que indica Agrón e Cooperativa Feiraco.