inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave


  Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

A inscrición no rexistro

Para que unha sociedade cooperativa se considere constituída e teña personalidade xurídica, debe inscribirse obrigatoriamente a escritura pública de constitución no rexistro de cooperativas competente.

Os promotores da cooperativa poden optar por outorgar directamente a escritura de constitución, ou por solicitar no rexistro a previa calificación do proxecto de estatutos sociais.


Trámites a seguir

I. Certificación negativa de denominación
Débese solicitar certificación de que non existe inscrita outra sociedade cooperativa con idéntica denominación, que será expedida polo Registro de Sociedades Cooperativas dependente da Administración Xeral do Estado. C/ Pío Baroja, nº 6, 28009 Madrid (telf. 913 631 920) (Ir a Asesoría). A denominación certificada quedará reservada a favor da cooperativa solicitante por un período de 6 meses a contar desde a data da certificación. Poderá solicitarse ante o mesmo órgano a ampliación deste prazo, acreditando que foi iniciado o proceso de inscrición no rexistro de cooperativas competente.


II. Cualificación previa do proxecto de estatutos sociais

É un trámite opcional solicitar do rexistro de cooperativas competente a cualificación previa do proxecto de estatutos sociais, podendo procederse directamente ao outorgamento da escritura de constitución. Resulta aconsellable a realización deste trámite para asegurar a cualificación favorable do proxecto de estatutos sociais, antes do outorgamento da escritura pública. Debe terse en conta que as subsanacións dos defectos observados en estatutos incorporados en escritura pública, deben facerse tamén necesariamente en escritura pública.
Requisitos necesarios para a cualificación previa de estatutos dunha sociedade cooperativa

Documentación
. Solicitude. (Ir a Asesoría Virtual)
. Copia certificada da acta da asemblea constituínte. (Ir a Asesoría Virtual)
. Proxecto de estatutos sociais.
(Ir a Asesoría Virtual)
. Orixinal do certificado negativo de denominación.

Contido mínimo da acta da asemblea constituínte
. A relación dos promotores, cos seus datos de identificación persoal ou a razón ou denominación social, de ser o caso, e a actividade comprometida.
. A manifestación dos outorgantes de que todolos promotores reúnen os requisitos legais e estatutarios necesarios para ser socio da cooperativa que se constitúe.
. A manifestación da vontade de fundar unha cooperativa da clase de que se trate.
. A identificación das persoas designadas para desempeñaren os distintos cargos dos órganos sociais, coa súa aceptación e coa declaración expresa de non estaren incursas en causa de incapacidade ou incompatibilidade das establecidas no artigo 48 da lei 5/98.
. Aprobación dos estatutos sociais.
. Designación das persoas que teñen que outorgar a escritura de constitución , entre os que deberán estar: Os membros do órgano de administración, os interventores de ser o caso e o secretario da asemblea constituínte.
. Forma e prazos para o desembolso da achega obrigatoria mínima para ser socio e do capital social mínimo.
. Se existen achegas non en diñeiro: identificación do aportante e aprobación da valoración, previo informe de experto independente.
. O resultado das votacións, lugar, data e hora da reunión.
. Sinaturas do secretario e presidente da asemblea constituínte.
III. Inscrición da cooperativa

A inscrición da escritura pública de constitución no rexistro de cooperativas competente é o trámite necesario para que a sociedade cooperativa adquira personalidade xurídica.

Se a escritura pública de constitución fose outorgada pola totalidade dos promotores da sociedade e non se fixese uso da facultade de obter a cualificación previa do proxecto de estatutos sociais, non será necesaria a celebración da asemblea constituínte.
Requisitos necesarios para a inscrición dunha cooperativa
. Solicitude de inscrición en dous meses dende o outorgamento da escritura pública de constitución ante notario
(Ir a Asesoría Virtual)
. Liquidación do Imposto sobre trasmisións patrimoniais e actos xurídicos, documentados (as cooperativas están exentas do seu pagamento).
. Unha copia autorizada e unha copia simple da escritura pública de constitución, coas mencións e requisitos establecidos no art. 16 da Lei 5/1998, de 18 de decembro de cooperativas de Galicia e nos art. 50 e 51 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas.
. Acreditar o pago da taxa por inscrición en rexistros oficiais. (Ir a Asesoría Virtual)
. Código de identificación fiscal


Competencias rexistrais

A Comunidade Autónoma Galega ten as competencias sobre cualificación, inscrición e certificación dos actos que deban acceder ao rexistro de cooperativas, correspondéndolle, dentro da estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o seu desenvolvemento á Consellería de Traballo e Benestar.

O rexistro de cooperativas estrutúrase no Rexistro Central, situado nos Servizos centrais da Consellería, e os respectivos Rexistros Provinciais nos Departamentos Territoriais. O Rexistro Central de Cooperativas é competente respecto de:
  1. As cooperativas de ámbito superior ao dunha provincia, que realicen principal e maioritariamente a súa actividade cooperativizada cos seus socios dentro do territorio da comunidade autónoma.
  2. As cooperativas de crédito e seguros.
  3. As cooperativas de segundo grao.
  4. As asociacións de cooperativas.
Os rexistros provinciais de cooperativas serán competentes respecto das restantes clases de cooperativas, nas que o ámbito territorial onde desenvolvan as súas actividades cooperativizadas cos seus socios non sexa superior ao da respectiva provincia.


Outros trámites a realizar

Na Delegación ou Administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria
. Solicitude do Código de identificación fiscal.
. alta no Imposto de Actividades Económicas.
. Declaración Censal (IVE).


Na Tesorería Xeral da Seguridad Social
Inscrición da empresa e afiliación dos socios traballadores e traballadores por conta allea á seguridade social.
Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado e asimiladas disfrutarán dos beneficios da seguridade social, podendo optar a cooperativa nos seus estatutos sociais:

a) Como asimilados a traballadores por conta allea, quedando integrados no réxime xeral, ou nalgún dos réximes especiais, segundo proceda.
b) Como traballadores autónomos no réxime especial correspondente.
(Os socios de traballo das demais cooperativas serán en todo caso asimilados a traballadores por conta allea).


No Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar

Comunicación de apertura do centro de traballo, segundo impreso oficial.


Na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social
Selar o libro de visitas.


No Concello
Licenzas de apertura, licenzas de obra, etc.


No Rexistro da Propiedade Inmobiliaria

Inscrición de bens inmobles, de ser o caso.


No Rexistro da Propiedade Industrial

Inscrición de nomes comerciais, patentes, marcas, deseños industriais, modelos de utilidade e rótulos.


Dilixenciado de libros
Os libros sociais e contables deben ser dilixenciados con carácter previo a súa utilización, ou segundo o previsto no artigo 72.4 da Lei de cooperativas de Galicia, polo rexistro de cooperativas competente, segundo o procedemento previsto no art. 90 do Regulamento do Rexistro da Cooperativas.



Obrigas rexistrais

Ademais da inscrición da sociedade e o dilixenciado de libros, as cooperativas unha vez en funcionamento teñen que cumprir as obrigas rexistrais legalmente previstas. Así, deben inscribirse as modificacións de estatutos, renovación de órganos sociais, os outorgamentos de poderes e todos aqueles actos previstos na lei e no Regulamento do Rexistro da Cooperativas.

A inscrición máis habitual é a de renovación do consello reitor e interventores, que debe solicitarse ante o rexistro de cooperativas competente dentro dos trinta días seguintes á aceptación dos elexidos.

Outra das obrigas habituais e o depósito anual de contas e documentación complementaria, que debe realizarse no prazo de dous meses desde a súa aprobación pola asemblea xeral, ante o rexistro de cooperativas, segundo o establecido no art. 94 e seguintes do devandito regulamento.


 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE