inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave



Consello Galego de Cooperativas


QUE É O CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS?


   O Consello Galego de Cooperativas é o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia, constituíndose, ademais, como órgano consultivo e asesor das administracións públicas galegas naqueles temas que afecten ao cooperativismo.

   É un órgano colexiado no que participan as diferentes administracións, institucións e organizacións cooperativistas, interesadas no fomento global do cooperativismo. Converteuse nun nexo de unión entre as propias cooperativas e os organismos públicos, logrando, desta maneira, unha comunicación permanente e fluída entre ambas partes.


   A súa institucionalización como órgano consultivo e de participación significou a creación dunha plataforma de confluencia estable dos axentes cooperativos, públicos e privados, que sostén as estruturas de participación dun plano estratéxico que garanta como primeira característica do proceso de planificación, a súa capacidade para implicar activamente aos axentes que interveñen no movemento.

   Para o cumprimento dos seus obxectivos gozará de plena capacidade de obrar, axustando a súa actuación ás previsións contidas na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e nas normas de desenvolvemento dela. Ademais da súa normativa específica, ao consello resultaranlle de aplicación as normas previstas nos artigos correspondentes ao título II, capítulo II da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relativas aos órganos colexiados.


   O Consello Galego de Cooperativas adscríbese á Consellería de Traballo e Benestar, que lle asignará o persoal funcionario e os recursos económicos suficientes para o seu funcionamento.



CALES SON AS SÚAS FUNCIÓNS?

1. Son funcións propias do Consello Galego de Cooperativas:
  1. Facilitar e colaborar na investigación, planificación e execución dos programas de desenvolvemento e fomento do cooperativismo, prestando un especial interese polos programas da Unión Europea, así como promover a educación e formación cooperativa.
  1. Elaborar propostas, ditames e informes en relación coas cuestións que afecten ao cooperativismo.
  1. Realizar estudos e impulsar as accións encamiñadas a facilitar a intercooperación.

  1. Emitir informe, con carácter preceptivo, sobre os proxectos de disposicións legais e regulamentarias e demais normas que afecten directamente ás cooperativas ou as súas organizacións, así como procurar a súa difusión.
  1. Contribuír ao perfeccionamento do réxime legal e institucional do ordenamento socioeconómico da Comunidade Autónoma de Galicia.
  1. Conciliar e exercer a arbitraxe nas cuestión litixiosas que se susciten entre cooperativas, entre estas e os seus socios, ou no seo delas entre os seus socios, cando ambas as dúas partes o soliciten ou ben estean obrigadas a iso en razón ó establecido nos seus estatutos.
  1. Promover a educación e formación cooperativa nos distintos niveis do sistema educativo xeral.
  1. Exercer todas as accións que resulten necesarias para percibir os fondos irrepartibles, así como o remanente do haber líquido social das cooperativas.
  1. Percibir, planificar e xestionar mediante un programa específico os fondos de formación e promoción nos supostos previstos na Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
  1. As demais funcións que lle atribúa a Lei de cooperativas de Galicia e as súas normas de desenvolvemento.

2. Para o cumprimento dos seus fins, o Consello Galego de Cooperativas poderá participar nos organismos e nas institucións que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico de Galicia, así como naqueloutros que poidan corresponderlle.




CAL É A SÚA COMPOSICIÓN?

  1. O Consello Galego de Cooperativas estará integrado polos seguintes membros:
    •   PRESIDENTE: Conselleira de Traballo e Benestar
         - Dna. Beatriz Mato Otero.
    •   Director Xeral Traballo e Economía Social
         - Dna. Carmen Bouso Montero
    •   7 representantes de Cooperativas
    •   3 representantes de AGACA
         - D. José Severino Montes Pérez
         - D. Manuel Carlos Gómez Díez
         - D. Higinio Mougán Bouzón
    •   1 representante de UCAFE
         - D. Manuel Domínguez Rodríguez
    •   1 representante de UCETAG
         - D. Alfonso D. Fernández Rodríguez
    •   1 representante de UGACOTA
         - Dna. María del Mar Pernas Márquez
    •   1 representante de SINERXIA
         - Dna. María Sánchez Seijo
    •   1 representante das Universidades Galegas
         - D. José Manuel García Vázquez
    •   1 representante de Cooperativas de Crédito
         - D. Manuel Varela López, representante de Caixa Rural Galega
    •   1 representante da Consellería do Medio Rural e do Mar
         - Dna. Susana Rodríguez Carballo
    •  1 representante da Consellería do Medio Rural e do Mar
         - Dna. Patricia Ulloa Alonso
    •   1 representante da Consellería de Traballo e Benestar
         -Dna. Ana María Díaz López
    •   1 representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
         - D. José Manuel Pinal Rodríguez
    •   1 representante da Federación Galega de Municipios E Provincias (FEGAMP)
         - D. Gabriel Alén Castro
    •   Secretario:
          - Manuel Ángel Pérez Losada, xefe do servizo de Cooperativas e Economía Social
  1. O consello tamén contará cun secretario, que actuará con voz pero sen voto. Existirá un suplente de cada un dos vocais do consello e do secretario.
  1. O consello poderá convocar ás reunións dos seus órganos a calquera persoa ou entidade que poida colaborar na consecución dos seus obxectivos, que asistirán con voz pero sen voto. A través do regulamento de réxime interno, poderá determinarse o resto de condicións de asistencia e participación e os criterios para a realización da convocatoria, especialmente daquelas asociacións que non conten con representación no consello, cando se traten asuntos propios da clase de cooperativas que agrupan.




 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE