COCETA lanza un vídeo para explicar o cooperativismo á mocidade
03/02/2015
A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) lanzou o vídeo " Por que unha cooperativa? ". Nel un grupo de mozos e mozas explican dun xeito ameno e sinxelo, con actores, a opción que ten a mocidade de formar unha cooperativa de traballo, sobre todo en tempos de crise e cando non parece haber moitas alternativas máis que irse do país.
O vídeo pode usarse en cursos ou en actos para promover o cooperativismo de traballo, sobre todo no sector da xuventude, onde se atopa a maioría do desemprego, que afecta ao 50 da poboación desta franxa de idade.
Accede ao vídeo premendo na ligazón que se xunta a esta nova
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE