inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












Traballo promoverá o cooperativismo coa súa participación no Forum Gastronómico da Coruña


 
 
Envíe a un Amigo


12/03/2015
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o Consello Galego de Cooperativas, estará presente no Forum Gastronómico que terá lugar en ExpoCoruña, entre os días 15 e 17 de marzo. A participación desenvolverase a través dun posto propio onde se informará das potencialidades e solucións que ofrece o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego.
Encargaranse de presentar unha selección dos seus mellores produtos as seguintes entidades cooperativas: Biocoop (carne de tenreira ecolóxica); Monte Cabalar (carne de poldro, chourizo de "porco celta"); Campo Capela (requeixo, queixo e manteiga); Condado Paradanta (queixo e mel); Jesús Nazareno (viño); Adegas Eidosela (viño); Viña Moraima (viño); Virxe das Viñas (viño); Granxa O Cancelo (leite e xeados); Vicogalo (galo celta, pularda celta e ovos); Frugal (froitas deshidratadas); Milhulloa (grelos deshidratados, especias); Pulponor (polbo de lonxa); O Canto da Balea (peixe e marisco) e Artesáns da Pesca (pesca do día).
O cociñeiro Flavio Morganti e a comentarista Sole Felloza amosarán a riqueza gastronómica dos produtos destas entidades dende a filosofía dunha cooperativa. Farano a través dun menú degustación que terá lugar o martes 17 ás 12,30 horas, no que se enxalzará a calidade do produto cooperativo mantendo a base da tradición, pero achegando un punto de innovación.
Neste menú, poderanse degustar pratos como o ourizo de manteiga con tosta de pan negro, chourizo de porco celta e straccitaella de grelos con caldo e ovos de galo celta de Mos; lomiño de xurel de anzol e polbo da costa con patacas e finas herbas da Ulloa; pancha en tempura crocante fina con maionesa de curry; hamburguesiña de tenreira galega con concentración de mencía e cebola agridoce; xeado artesá e escumoso de requeixo con pera, mazá e piña deshidratada e mel; e viños brancos e tintos con denominación de orixe.




  Máis Novas Relacionadas
 · Programa de Internacionalización sector agroalimentario
 · Beatriz Mato destaca a fortaleza da economía social en Galicia onde están activas máis de 1.200 cooperativas.
 · Convocada a Orde de subvencións para as entidades asociativas, as oficinas locais e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015
 · Xornada sobre I+D+i e TIC promovida pola Consellería de Traballo e Benestar
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE