inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












Beatriz Mato destaca a fortaleza da economía social en Galicia onde están activas máis de 1.200 cooperativas.


 
 
Envíe a un Amigo


06/07/2015
Santiago, 4 de xullo de 2015.-
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, destacou hoxe a “fortaleza” da economía social en Galicia, onde se manteñen activas máis de 1.200 cooperativas. Así o indicou Beatriz Mato, no acto de celebración do ‘Día Internacional do Cooperativismo 2015’, que tivo lugar na Cidade da Cultura, en Santiago, baixo o lema ‘Elixe cooperativo, elixe equidade’. Na súa intervención, explicou que “a economía social busca sempre unha distribución xusta, solidaria e igualitaria do traballo, responsabilidades e beneficios da actividade”, sendo pioneiras “en rachar brechas como a de xénero ou os desequilibrios territoriais”.
A titular de Traballo puxo en valor os datos de crecemento do cooperativismo en Galicia, na que desde 2009 e ata o presente creáronse 358 novas cooperativas en Galicia. En total, lembrou que hai 1.261 activas, das que forman parte 93.000 socios e xeran preto de 21.000 empregos directos. Isto quere dicir que máis do 2 dos ocupados en Galicia están vinculados a esta fórmula de economía social.
Precisamente, a súa importancia no tecido laboral fai que o departamento autonómico siga a traballar para mellorar o marco lexislativo na materia. Despois de que en 2011 modificarase a Lei do Cooperativismo, arestora estase a ultimar o anteproxecto de Lei de Economía Social, un texto consensuado co Consello Galego de Cooperativas e que vai converter a Galicia na primeira autonomía en contar cunha norma deste tipo.
Ademais, estase empezando a elaborar a nova Estratexia Galega de Impulso ao cooperativismo 2016-2020, que vai reforzar a actuación na promoción, reforzo e consolidación da fórmula cooperativa. Na súa elaboración teranse moi en conta as propostas das propias cooperativas e as súas asociacións.
Así mesmo, a Consellería de Traballo e Benestar investirá este ano preto dun millón de euros en promover o cooperativismo xuvenil (a creación de cooperativas nas que a maioría dos seus membros sexan mozos) a través de dúas ordes que se inscriben no Plan de Emprego Xuvenil 2014-2015 e no de Garantía Xuvenil, unha cifra que se inclúe nos preto de seis millóns de euros que neste exercicio se destinan a impulsar, asesorar e axudar a este modelo produtivo.
Por último, a conselleira apuntou que as cooperativas son un instrumento para loitar contra a desigualdade, un obxectivo esencial da Xunta, tal e como demostra a elaboración do novo Plan de Loita contra a Desigualdade Económica que están a desenvolver de xeito transversal e coordinado todas as Consellerías con competencias en materia de inclusión.
Premiados anuais do cooperativismo
Os actos inclúen tamén a entrega dos premios anuais ao cooperativismo, cos que se distingue o impulso e fomento da cultura emprendedora dentro de Galicia, co fin de recoñecer o seu importante labor na economía rexional. As categorías establecidas son: premio aos valores cooperativos, que recaeu en Zocamiñoca Sociedade Cooperativa Galega; premio ao mellor proxecto cooperativo, para Numax Sociedade Cooperativa Galega; premio á promoción do cooperativismo, que recibirá Amarelante Sociedade Cooperativa Galega; finalmente, entregarase o premio á mellor iniciativa cooperativa, que será para Carlos Castro polo proxecto Delagro Sociedade Cooperativa.
Así mesmo, un total de 9 centros galegos recibiron os 13 premios que compoñen o certame ‘Cooperativismo no ensino 2015’. Estes galardóns teñen como finalidade difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Nesta ocasión, os premiados na modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo (Educación Infantil e Primaria) son o CEIP Domaio (Moaña, Pontevedra) e o CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros, Lugo), que recibe tres galardóns. Ademais, recibirán un accésit o CRA Meis (Meis, Pontevedra), o CEIP ADR Castelao (Rianxo, A Coruña) e dous o CEIP Domaio.
Na categoría de actividades cooperativizadas (Educación Secundaria Obrigatoria) os premios ao mellor traballo foron para o IES Santa Irene (Vigo) e o CPI A Picota (Mazaricos, A Coruña). Por último, na categoría de proxectos empresariais cooperativos (alumnado e profesorado de F.P. e de ensinanzas de réxime especial) o gañador foi o CIFP Someso (A Coruña) polo seu proxecto (Energylar, S. Coop. Galega) e recibirán dous accésit o IES Politécnico de Vigo (proxecto Muutronic, S. Coop. Galega) e o IES As Mariñas (proxecto Sociedade Cooperativa Bufar) de Betanzos (A Coruña).
A celebración está promovida polo Consello Galego de Cooperativas, adscrito á Consellería de Traballo e Benestar e do que forman parte as consellerías do Medio Rural e do Mar; e de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; as tres universidades galegas; a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e as principais organizacións de representación das cooperativas.
Enlace vídeo coas declaracións da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato
http://multimedia.xunta.es//portal-web/Videos/2015/Xullo/20150704_TraballoCooperativas_01.mp4




  Máis Novas Relacionadas
 · Programa de Internacionalización sector agroalimentario
 · Convocada a Orde de subvencións para as entidades asociativas, as oficinas locais e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015
 · Traballo promoverá o cooperativismo coa súa participación no Forum Gastronómico da Coruña
 · Xornada sobre I+D+i e TIC promovida pola Consellería de Traballo e Benestar
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE