Xornada sobre I+D+i e TIC promovida pola Consellería de Traballo e Benestar
11/03/2015
O vindeiro mércores 18 de marzo, ás 10 horas, terá lugar no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) de Santiago de Compostela, a xornada informativa “Necesidade da actividade de I+D+i nas cooperativas e potencial das TIC no seu negocio”.
Os obxectivos desta xornada serán:
• Coñecer o proxecto, da Consellería de Traballo e Benestar, para potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso das tecnoloxías da información e as comunicacións no contorno das cooperativas.
• Sensibilizar sobre a importancia da innovación na contorna actual das cooperativas, así como dar os coñecementos básicos necesarios, para unha adecuada xestión da innovación.
• Presentar as ferramentas TIC como motor de desenvolvemento técnico e económico.
• Achegar casos de éxito de cooperativas galegas na aplicación da I+D+i e as TIC.
Para a inscrición nesta xornada a través do teléfono 981 552 059
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE