inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












INICIA A SÚA TRAMITACIÓN O ANTEPROXECTO DE LEI DE ECONOMÍA SOCIAL, QUE REGULARÁ UN SECTOR CON MÁIS DE 7.000 ENTIDADES


 
 
Envíe a un Amigo


31/10/2014


O anteproxecto de Lei de economía social inicia hoxe a súa tramitación. Trátase dunha normativa que converterá Galicia nunha comunidade autónoma pioneira en contar cun texto destas características, que regulará e integrará un sector, ata agora disperso, que engloba a máis de 7.000 entidades.
O Consello da Xunta coñeceu hoxe o informe que dá conta do contido desta norma, que ten como obxectivo principal potenciar a presenza, o crecemento e a influencia da economía social en todos os campos, tanto na acción social como na económica e empresarial.
A economía social baséase en valores como a axuda mutua, a solidariedade, a responsabilidade social, a democracia e a equidade, e réxese por principios, entre os cales cómpre destacar a primacía das persoas e do fin social sobre o capital, o compromiso co territorio, co desenvolvemento local e a sustentabilidade, e a xeración de emprego estable e de calidade.
As entidades que conforman a economía social son: cooperativas, sociedades laborais, asociacións e fundacións con actividade económica, comunidades de montes veciñais en man común (unha achega singular desta lei, que incorpora esta institución peculiar recollida no dereito civil galego), confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación, empresas de inserción e centros especiais de emprego; e as entidades singulares creadas por normas específicas que se rexan polos valores e principios orientadores establecidos na presente lei, sempre e cando desenvolvan unha actividade económica e empresarial.
Entre os obxectivos da lei, prevese especificamente o impulso de estruturas representativas e de presenza institucional, co fin de recoñecerlle ao sector o peso específico que lle corresponde pola súa presenza na sociedade galega, e permitíndolle así participar nos foros onde se deseñan as políticas que lles afectan.
Nesta área de actuación, cabe destacar que a lei creará o Consello da Economía Social de Galicia, que coordinará as actuacións para o fomento e promoción destas entidades. Estará composto por membros da Xunta de Galicia, da economía social, da Fegamp e das universidades de Galicia. Este organismo traballará coordinado co Consello Galego de Cooperativas, que manterá as súas competencias.
Ademais, a normativa tamén recolle a promoción da introdución de cláusulas sociais que favorezan a participación destas entidades na contratación pública.
No aspecto financeiro, promoveranse instrumentos especialmente orientados ao lanzamento de novos proxectos de emprendemento colectivo, tales como programas de microcréditos e fondos de capital risco. Prevese a participación do sector público e privado no seu financiamento.
A lei tamén achega medidas noutros ámbitos, como na educación. Neste sentido, inclúese a introdución da economía social nos plans de estudos, en particular nos niveis previos ao acceso ao mundo laboral e na formación para o emprego, co fin de estimular o emprendemento xuvenil.
Cooperativas xuvenís
No texto desta lei inclúese tamén unha modificación da Lei de cooperativas, co fin de crear a figura da “cooperativa xuvenil”, que xa foi anticipada –por vez primeira- pola orde de axudas deste ano, que achegaba unha primeira definición, e que agora se regula nesta lei.
Estas cooperativas estarán constituídas, maioritariamente, por mozos e mozas de entre 16 e 29 anos. Ademais, incorpóranse facilidades para constituír este tipo de cooperativas. En concreto, redúcese o capital social mínimo ata 300 euros (nos casos ordinarios é de 3.000 euros). O resto de cooperativas deben constituírse obrigatoriamente a través de documento público, o que xera gastos notariais.
Cabe lembrar que na orde de axudas deste ano xa se recollían as cooperativas xuvenís, que neste exercicio contaron cun incentivo de ata 15.000 euros. Ademais, contaban cun 25 de incremento nas contías previstas no resto de programas de axuda que recolle a normativa.
Esta iniciativa forma parte do esforzo conxunto do Goberno galego por promover a economía social, no que se levan realizado distintos avances como a modificación da Lei de cooperativas ou a creación da Rede Eusumo en 2012, que xa permitiu a creación de 52 novas cooperativas e 2 sociedades laborais.





  Máis Novas Relacionadas
 · Programa de Internacionalización sector agroalimentario
 · Beatriz Mato destaca a fortaleza da economía social en Galicia onde están activas máis de 1.200 cooperativas.
 · Convocada a Orde de subvencións para as entidades asociativas, as oficinas locais e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015
 · Traballo promoverá o cooperativismo coa súa participación no Forum Gastronómico da Coruña
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE