inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












O Conselleiro de Traballo asinou sendos convenios de colaboración coas unións de cooperativas AGACA, UGTACOTA, UCETAG, EIXO e coa federación de empresas cooperativas SINERXIA.


 
 
Envíe a un Amigo


27/10/2005
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, asinou sendos convenios de colaboración coas unións de cooperativas AGACA, UGACOTA, UCETAG, EIXO e coa federación de empresas cooperativas SINERXIA, en materia de fomento e consolidación do asociacionismo e a adaptacion as novas tecnoloxias

O CONSELLEIRO DE TRABALLO COMPROMÉTESE A COLABORAR NA PROMOCIÓN DA ECONOMÍA SOCIAL E NO FOMENTO DO ASOCIACIONISMO

Ricardo Varela anunciou a posta en marcha dun gran Acordo galego para o Cooperativismo e a Economía Social, de xeito que se canalicen as distintas actuacións do Consello Galego de Cooperativas
O titular de Traballo fixo estas declaracións durante a sinatura de senllos convenios de colaboración con cinco cooperativas galegas, cunha dotación total de case 300.000 euros
Santiago, 27 de outubro de 2005.- O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, asinou esta mañá senllos convenios de colaboración coas unións de cooperativas AGACA, UGACOTA, UCETAG, EIXO e coa federación de empresas cooperativas SINERXIA. O titular de Traballo sinalou que a vontade do departamento que dirixe é traballar "a prol da promoción da economía social e do cooperativismo, porque nos parecen xacementos de emprego moi importantes para o país e pensamos que hai que defendelos e impulsalos".

Con estes convenios de colaboración, que supoñen unha dotación total de case 300.000 euros, avánzase nun dos retos da Consellería, "ver como medran fórmulas empresariais de cooperativismo na nosa sociedade, nun momento no que impera a deslocalización e o despoboamento do medio rural".

O conselleiro de Traballo asegurou estar moi satisfeito coa sinatura dos convenios, xa que "se poñen en marcha proxectos e iniciativas novidosas, como é o caso do programa "Aprendo a emprender", unha actividade que chegará ata os centros de ensino secundario co fin de impulsar a cultura emprendedora, e sen esquecer a previsión social e os plans de pensión para cooperativas de traballo asociado".

A subvención parcial dos gastos de funcionamento destas entidades e o financiamento para a súa adaptación as novas tecnoloxías, a través de programas e acordos, son as ferramentas básicas para impulsar o fomento e consolidación do asociacionismo cooperativo, "sobre todo dentro do cooperativismo agrario", segundo declarou Varela.

Con motivo da sinatura destes convenios de colaboración con estas cinco entidades, Ricardo Varela eloxiou o papel que xogan as asociacións de cooperativas dentro do desenvolvemento socieconómico. Neste senso Varela destacou a función desempeñada polo Consello Galego de Cooperativas, organismo adscrito á Consellería, o cal "constitúe o mellor marco de encontro entre a Administración Autonómica e as organizacións de cooperativas". Por iso, segundo afirmou Varela "está previsto que a través do Consello se canalicen as distintas actuacións a levar a cabo no marco dun gran Acordo galego para o Cooperativismo e a Economía Social".

Fomento do asociacionismo

Os convenios asinados esta mañá entre a Consellería de Traballo e as distintas cooperativas apostan polo impulso do asociacionismo e o fomento do uso das novas tecnoloxías. En concreto, a axuda asinada coa cooperativa AGACA recolle unha partida para a elaboración e distribución da revista da Asociación Cooperativa Galega e para a celebración do seminario "Reflexións sobre o futuro das cooperativas", así como para a elaboración do "X Informe sobre a xestión e o estado económico do cooperativismo agrario".

As xornadas e congresos preséntanse como outra das ferramentas para concienciar a sociedade sobre as posibilidades do cooperativismo, polo que o departamento que dirixe Ricardo Varela asinou con UGACOTA, unha axuda para financiar a celebración da VIII Xornada técnica para cooperativas de traballo asociado, e os gastos do Proxecto de integración do asociacionismo cooperativo de traballo asociado galego.

Por outro lado, a cantidade concedida a UCETAG destinarase á elaboración e publicación dun directorio de cooperativas de ensino en Galicia. Mentres que, a cooperativa EIXO levará a cabo iniciativas novidosas, tal e como apuntaba o conselleiro, como o programa "Aprendendo a emprender", destinado aos alumnos dos centros de ensino secundario.

Un dos obxectivos das axudas é traballar a prol da implantación das novas tecnoloxías, por iso, a consellería de Traballo colaborará no financiamento da elaboración da edición dixital da revista da asociación Elos Cooperativos, así como a celebración de diversas xornadas de promoción e de divulgación do cooperativismo en varios concellos de Galicia, a cargo da federación de empresas cooperativas SINERXIA.



http://www.xunta.es/periodico/portada.htm



  Máis Novas Relacionadas
 · Programa de Internacionalización sector agroalimentario
 · Beatriz Mato destaca a fortaleza da economía social en Galicia onde están activas máis de 1.200 cooperativas.
 · Convocada a Orde de subvencións para as entidades asociativas, as oficinas locais e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015
 · Traballo promoverá o cooperativismo coa súa participación no Forum Gastronómico da Coruña
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE