AGACA recibe a visita do conselleiro de Medio Rural
19/10/2005
No transcurso da reunión, directivos e persoal de AGACA amosáronlle ó conselleiro as oficinas e os traballos que se están a desenvolver na actualidade dende nos distintos departamentos, xa que os campos que abarca a Asociación son amplos:
-aspectos de representación e defensa do cooperativismo agrario galego.
-actividades relacionadas co impulso económico e social das cooperativas agrarias galegas.
-actividades formativas e de estudo destinadas á socios, directivos e persoal das cooperativas.
-elaboración de proxectos de enxeñería e proxectos de empresa cooperativa.
-prestación de servizos técnicos de campo.
-tramitación de subvencións e axudas públicas; asesoramento tanto xurídico como contable, laboral ou fiscal.
-preparación de proxectos promoción do cooperativismo a nivel rexional e europeo.
-realización de estudos económicos periódicos.
-fomento da calidade nos distintos procesos produtivos na cadea alimentaria.
-promoción da a fusión de cooperativas.
-fomento da comunicación interna (coas cooperativas) e externa a través dunha revista propia e da páxina web, etc.
Na reunión co Conselleiro, os representantes das cooperativas agrarias entregaron un informe detallado coas principais demandas e necesidades para o desenvolvemento económico e social das cooperativas en Galicia.
Santiago 19 de outubro de 2005
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE