inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












Aprobación do Plan Estratéxico do Cooperativismo en Galicia


 
 
Envíe a un Amigo


13/12/2004
Ó igual que en 2003 o Día do Cooperativismo fora o marco elixido para a presentación do Libro Branco do Cooperativismo en Galicia, neste segundo ano de celebración o acto coincidiu coa presentación do Plan Estratéxico do Cooperativismo en Galicia, que se contempla como unha continuación do traballo desenvolvido para a elaboración do Libro Branco, e a través do cal se pretende concretar e aplicar á realidade do cooperativismo galego as conclusións e obxectivos ós que se chegou a través deste estudo. Nesta xornada festiva para o movemento cooperativo galego tamén se fixo entrega dos premios que anualmente concede o Consello Galego de Cooperativas, tanto ós escolares que participan nos concursos de debuxo, pintura, vídeo e proxectos cooperativos como ás entidades que concorren ós Premios á Cooperación; este ano dúas cooperativas socias de AGACA, Coren e Cecoop, recibiron cadanseu galardón nas categorías de innovación e intercooperación, respectivamente.

A conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, foi a encargada de presidir o acto de presentación do Plan Estratéxico do Cooperativismo en Galicia, un documento no que se abordan de xeito integral as potencialidades do modelo cooperativo en Galicia e se marcan as pautas para o desenvolvemento futuro do sector.

Belén Prado destacou a importancia da fórmula cooperativa dentro da economía galega, "non só por ser un tipo de actividade xerador de emprego e de riqueza, senón polos principios e valores que caracterizan esta forma propia de facer empresa, e tamén polo seu compromiso coa comunidade na que desenvolve o seu labor, sobre todo no ámbito rural, onde as cooperativas son os verdadeiros motores do seu progreso".

Este Plan Estratéxico aborda de xeito integral o desenvolvemento das potencialidades do modelo cooperativo en Galicia, a través de doce áreas estratéxicas, cada unha delas desenvolvida por unha comisión de traballo formada por expertos en cada unha das áreas: socios cooperativistas, técnicos das cooperativas e das súas organizacións representativas, membros da administración, especialistas do ámbito universitario...

Deste xeito tratouse de que foran os propios axentes do sector os que deran forma ó documento, aproveitando o seu contacto coa realidade do sector, de maneira que o resultado final vaia acorde coas verdadeiras necesidades do cooperativismo en Galicia, e tratando tamén de implicar a tódalas partes nun proxecto de futuro no que será necesaria a colaboración de todos para levar á práctica todo o que este Plan Estratéxico recolle.

O plan dá cabida ós aspectos transversais e sectoriais do cooperativismo galego. No primeiro caso, analizáronse os aspectos empresariais e societarios, os aspectos financeiros, a colaboración coas institucións públicas, o emprego cooperativo, a formación e investigación como base sobre a que asentar os diferentes proxectos... Polas súa banda, na vertente sectorial revisáronse as demandas agrupadas baixo criterios de afinidade por clases.

No caso do cooperativismo agrario, os obxectivos céntrase en liñas de traballo como o dimensionamento e a integración, a profesionalización do sector, o fomento da industrialización e a comercialización, o control e a xestión medioambiental e o fomento do asociacionismo, entre outros (na revista nº 70 de Cooperación Galega recóllense tódolos obxectivos incluídos no Plan Estratéxico).


Premios para cooperativas e escolares

Unha vez rematada a presentación do Plan Estratéxico, o Día do Cooperativismo Galego completouse coa entrega dos premios outorgados polo Consello Galego de Cooperativas, tanto na súa categoría escolar (debuxo e pintura, vídeo e proxectos cooperativos) como nos convocados para as entidades cooperativas galegas nos seus diferentes apartados (innovación, intercooperación e promoción do cooperativismo).

O premio á innovación recaeu na cooperativa ourensá Coren, socia de AGACA, mentres que o premio á intercooperación foi parar á cooperativa de segundo grao Cecoop, dedicada á compra conxunta de produtos para as explotacións agrarias dos socios das súas máis de 60 cooperativas, e que tamén forma parte da Unión de Cooperativas AGACA. A categoría de promoción do cooperativismo repartiu o seu premio entre as cooperativas Cauru e Consumo Consciente Árbore.

O conselleiro de Educación, Celso Currás, quen presidiu esta entrega de premios, amosou a súa satisfacción pola existencia duns galardóns que sirven para promocionar o cooperativismo no ámbito escolar; o conselleiro de Educación tamén fixo referencia na súa intervención á importancia do autoemprego como vía de desenvolvemento das inquedanzas dos emprendedores.

A entrega de premios contou tamén coa presenza da conselleira de Asuntos Sociais, quen clausurou o acto coa lectura dunha declaración institucional con motivo da celebración deste Día do Cooperativismo Galego, na que insistiu novamente no papel preponderante das cooperativas como garantes no mantemento do benestar e a cohesión social, e na necesidade que esta fórmula asociativa ten de adaptarse ás esixencias dos novos escenarios comerciais e económicos.

http://www.xunta.es/conselle/as/cooperativa/plan_estratexico.htm



  Máis Novas Relacionadas
 · Programa de Internacionalización sector agroalimentario
 · Beatriz Mato destaca a fortaleza da economía social en Galicia onde están activas máis de 1.200 cooperativas.
 · Convocada a Orde de subvencións para as entidades asociativas, as oficinas locais e as entidades colaboradoras da Rede Eusumo
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2015
 · Traballo promoverá o cooperativismo coa súa participación no Forum Gastronómico da Coruña
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE