07/11/2014
A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar organiza unha serie de accións de fomento do cooperativismo que se enmarcan dentro das actividades programadas pola Rede Eusumo no seu plan de actuación 2014.
Co obxectivo de amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais, a Rede Eusumo organiza dúas actividades de divulgación no mes de novembro:
- O primeiro dos obradoiros celebrarase o próximo mércores 12 de novembro no Concello de Cee, en horario de 16:00 a 19:00.
- O segundo evento terá lugar o xoves 27 de novembro no Centro da Rede Eusumo da Fundación Cultural de A Estrada en horario de 10:00 a 14:00.
Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto con nós no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE