Tódolos aspectos que forman parte da xestión dunha explotación de vacún de leite nas súas diferentes vertentes (recursos humanos e instalacións, elementos técnicos e de maquinaria, adquisición de insumos, venda do produto, manexo do gando, respecto polo contorno...) son susceptibles de axeitarse a unhas pautas correctas. Entre outros moitos elementos, hai que ter en conta os seguintes:
- Compra de animais e produtos de alimentación animal.
- Venda de cultivos, leite, gando, terreos ou instalacións.
- Adquisición de sementes, pesticidas e fertilizantes.
- Compra ou arrendamento e acondicionamento de terreos.
- Atención veterinaria e medicamentos.
- Reprodución e inseminación.
- Contratos, salarios e formación dos traballadores.
- Combustibles, enerxía e lubricantes.
- Maquinaria (adquisición e amortización).
- Edificación, mellora e conservación das instalacións.
- Seguros, impostos e créditos bancarios.
- Compra/venda, arredamento ou cesión da cota.
- Axudas directas, subsidios e retorno cooperativo.
- Sistema de muxido, alimentación, estabulación.
- Grao de intensificación ou extensificación.
Gestión técnico-económica en explotaciones ganaderas 01/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE