inicio


Castelán Galego
Monográficos Especiais. La agricultura de grupo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave

 



 Formas de agrupación | Vantaxes do traballo colectivo | Envíe a un Amigo
As principais formas societarias entre as que os agricultores e gandeiros poden elixir para establecer o seu sistema de traballo en grupo son as que se citan a continuación:

- Sociedade agrarias de transformación (SAT): sociedades civís con finalidade económico-social constituídas para a produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, a realización de melloras no medio rural e a prestación de servizos comúns encamiñados a ese obxectivo de mellora económica e social.

- Cooperativa de Explotación Comunitaria da Terra e/ou Cooperativa de Traballo Asociado: nas cooperativas de explotación comunitaria asócianse titulares dos dereitos e usos de aproveitamento susceptibles de explotación agraria; estes titulares, traballen ou non na sociedade, ceden os seus dereitos á cooperativa, que deste xeito se xestiona como unha única empresa. No caso das de traballo asociado, os socios traballan na cooperativa para producir bens ou servizos de cara a terceiros.

- Sociedade de Responsabilidade Limitada: a medio camiño entre as sociedades capitalistas e as personalistas, o seu capital social divídese en participacións acumulables e indivisibles, que teñen o carácter de valores.

- Sociedade Anónima: sociedade mercantil co capital dividido en accións, que se integra polas achegas dos socios, que non responden persoalmente das débedas sociais.

- Sociedades Laborais: sociedades nas que a maioría do capital está en mans dos traballadores de carácter indefinido; ten un carácter social, xa que o control da empresa está en mans dos traballadores.

- Sociedade Limitada Nova Empresa: tipo simplificado de sociedade de responsabilidade limitada, coas que se pretende fomentar a creación de pequenas e medianas empresas.

- Sociedade Colectiva: sociedade mercantil personalista baseada na mutua confianza dos socios.

- Sociedade Comanditaria Simple e Sociedade Comanditaria por Accións: outro tipo de sociedade mercantil personalista; as comanditarias simples caracterízanse pola existencia de dúas clases de socios (colectivos e comanditarios), e as comanditarias por accións están a medio camiño das comanditarias simples e as sociedades anónimas.

- Sociedade Civil: contrato polo cal dúas ou máis persoas se obrigan a poñer en común diñeiro, bens ou industria, co ánimo de partir entre si as ganancias e cuia actividade se regula polo Código Civil deste tipo de sociedades.

- Comunidade de Bens: contrato entre varias persoas co obxecto de compartir a propiedades dunha cousa ou gozar dun dereito que pertence a todas elas conxuntamente.
 
La agricultura de grupo 01/07/2004
 
 
 
 
   
   
   
   
   

 

 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE