A evolución seguida pola sociedade galega en xeral, e a agraria en particular, a nivel social, económico e demográfico, propiciaron reaxustes en materia de traballo, fundamentalmente en man de obra, que están a minguar en grande medida o correcto denvolvemento do sector. Paralelamente a poboación activa agraria está descendendo nos derradeiros anos debido a unha maior urbanización da sociedade e a media de idade entre os traballadores é cada vez maior.
Entre tódalas produccións agrícolas e gandeiras podemos considerar que o sector productivo de vacún de leite, nas condicións normais de explotación en Galicia (explotacións familiares ligadas á terra como factor productivo en maior ou menor grado e sen realizar concentración de partos), é con moita probabilidade a actividade que maior demanda de man de obra especializada require xa que cubre as labores agrícolas temporais e dous muxidos diarios durante os 365 días do ano.
A necesidade de traballar diariamente nunha explotación destas características é un factor moi influínte no aspecto de incorporar xoves ó fronte das explotacións de leite. As principais razóns para explicar esta actualidade son as familias cada vez mais reducidas con membros novos desvinculados das actividades agrarias e unha producción de leite cada vez mais esixente e sacrificada para o traballador.
Introducción a los Servicios de Substitución 02/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE