Non cabe dúbida de que a agricultura de grupo ten unha influencia directa sobre a renda das explotacións agrarias e a calidade de vida das persoas que participan nas actividades agrícolas e gandeiras.
Hai moitas razóns para que un negocio individual ou familiar adopte a forma de sociedade; entre elas:
- Separación do patrimonio empresarial do persoal.
- Mellor tratamento fiscal para as rendas obtidas.
- Garantir a continuidade do negocio.
- Maior asentamento da poboación nas zonas rurais.
Cando se trata de fusión de explotacións agrarias mediante a creación dunha nova sociedade, ademais das razóns anteriores, hai que engadir as seguintes:
- Un incremento da dimensión empresarial que dá como resultado unha diminución dos custos fixos e maior capacidade productiva.
- Organización máis efectiva e racional do sistema de traballo e, polo tanto, máis tempo libre.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE