A cría de caracois é un sector en alza dentro da nosa Comunidade, tanto como actividade principal como complementaria doutra.
A artesanía tradicional (madeira, pedra, cerámica, coiro...) permite aproveitar a man de obra que queda liberada nas explotacións.
En Galicia temos unha cooperativa de redeiras que rachou coa tradicional marxinalidade e precariedade deste traballo.
O turismo rural é unha interesante opción que ademais de supor unha fonte de ingresos evita o deterioro ou o abandono das vivendas tradicionais.
As cooperativas de servizos de axuda a domicilio teñen aínda unhas posibilidades de expansión moi interesantes.
As producións integradas ou ecolóxicas (horta, froita, carne...) son as únicas que responden por completo ás esixencias en materia de calidade e seguridade alimentaria.
Galicia ten enormes potencialidades para calquera iniciativa relacionada co sector forestal.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE