Existen distintas solucións a toda esta problemática, que son función de cada explotación e de cada entorno concreto, as cales nombramos a continuación:
- Asociacionismo de explotacións mediante fusión baixo distintas fórmulas jurídicas (SATs, Coop., etc.) que aporta vantaxes de cara o desenvolvemento das mesmas.
- Creación de bancos de traballo nas cooperativas.
- Creación de equipos de substitución.
- Creación de equipos de maquinaria de alto rendemento.
Todas estas medidas contribúen ó logro dunha mellora da calidade de vida nas familias donas dunha explotación destas características, unha maior diversificación da actividade agraria e un incremento dos rendementos económicos das explotacións.
A creación e posta en funcionamento dos servicios de substitución para realizar as labores básicas diarias dunha explotación convérsese nunha medida de elevada importancia de cara a solucionar o futuro deste sector. Desta maneira se persiguen dous obxectivos claros: A mellora da calidade de vida dos gandeiros e as suas familias, facendo mais atractiva a actividade gandeira para os xoves do medio rural e, por outro lado, a creación de novos postos de traballo especializados no ámbito rural.
Introducción a los Servicios de Substitución 02/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE