Parece evidente que moitas das características inherentes á fórmula cooperativa (ligazón a un territorio e a unha poboación, capacidade de adaptación, prestixio diante dos consumidores, carácter democrático, compromiso dos socios, capacidade de resistencia e durabilidade no tempo) son vantaxes que haberá que aproveitar para que as cooperativas das áreas rurais sigan mantendo ou mesmo incrementen o seu papel preponderante.
As cooperativas deben seguir sendo protagonistas principais en cuestións como a introducción das novas tecnoloxías nas áreas non urbanas, a xeración de emprego que fixe poboación nestas zoas, a consecución dunha igualdade real entre xéneros, a utilización de técnicas e procesos sostibles e non daniños para o medio ou o aproveitamento de tódalas posibilidades que o medio rural ofrece para a creación de novas alternativas laborais.
Non cabe dúbida do papel esencial que seguirán desenvolvendo nun futuro as cooperativas como elementos artelladores do tecido social e económico, xa os seus valores e principios son unha bagaxe do que as sociedades avanzadas non poden prescindir.
Diagnóstico socioeconómico del entorno de las cooperativas del medio rural 01/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE