Na elaboración de esta diagnose participaron arredor de medio cento de expertos do mundo cooperativo galego, procedentes dos máis variados ámbitos: cooperativas e as súas asociacións, administracións públicas (local e autonómica), universidade, sindicatos, centros de formación, colexios oficiais profesionais.. Tamén se contou coa colaboración de entidades vinculadas ó mundo cooperativo noutras Comunidades Autónomas (Asturias, Andalucía, Catela e León) e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A recollida das súas opinións foi realizada a través da técnica Delphi, metodoloxía de análise cuantitativa, co fin de sistematizar as respostas obtidas e convertelas a datos numéricos que permitan plasmar de forma gráfica o estado actual e as perspectivas de futuro do cooperativismo rural galego.
Este grupo de expertos manifestaron as súas opinións sobre cuestións como as tendencias e actores preponderantes e o papel do cooperativismo no ámbito rural galego, os seus principais sectores e actividades, as oportunidades, vantaxes e recursos de cara o futuro, ou o posible escenario rural a dez años vista; estas achegas configuran un compendio de comentarios, reflexións e ideas que delimitan a situación actual deste sector e perfilan o marco no que se desenvolverá nun futuro máis ou menos próximo.
Diagnóstico socioeconómico del entorno de las cooperativas del medio rural 01/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE