Nos tempos actuais en que a característica que predomina é a calidade de vida, o futuro das explotacións de gando leiteiro galego manifesta certas dúbidas da sua continuidade. Existen dous factores a ter en conta:
- A necesaria presencia na explotación para desenvolver correctamente as labores durante todo o ano obriga a que as ausencias dalgún membro da familia ou causas de enfermidade sexan case que inexistentes. Esto convirte esta actividade en tremendamente sacrificada.
- As novas ideas de organización de traballo, que inclúen tempo para lecer adecuado ás condicións sociais e laborais dos tempos de agora, non corresponden coa realidade actual destas explotacións, nas que é necesaria unha actividade permanente.
|