Hoxe en día é importante que se coñezan as iniciativas xurdidas nos derradeiros anos para animar a que se asuman riscos para poñer en marcha novos proxectos, inspirados nos xa existentes ou dentro das múltiples posibilidades económicas que aínda quedan por explotar no noso agro, e que moitos delas a bo seguro terán na fórmula cooperativa o xeito ideal de organizarse e de concretarse na realidade.
Neste punto, as cooperativas teñen un importante papel que desempeñar, como dinamizadoras das súas zonas de influencia e como orientadoras dos emprendedores que busquen asesoramento para poñer en marcha e asentar os seus proxectos. As cooperativas deben poñer á súa disposición tódalas ferramentas das que dispoñen, xa que un dos principios básicos do cooperativismo é a súa implicación no desenvolvemento da comunidade na que se asenta a entidade.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE