O medio rural galego non ofrece xa o panorama monocolor e estático de hai algúns anos atrás; cada día con máis forza e en máis número xorden novos proxectos que converten ó eido rural nun contorno cheo de actividades innovadoras, alternativas e orixinais que veñen complementar ou mellorar ós labores tradicionais, ou que incluso constitúen por si mesmas un medio de vida diferente e atractivo, sen ter que prescindir do benestar e da calidade de vida que moitas veces se asocian unicamente ó medio urbano.
Ademais, moitos destes proxectos teñen como protagonistas a colectivos que ata o de agora tiñan unha presenza escasa na dinámica económica do eido rural. Mulleres, mozos e persoas con algún tipo de discapacidade sacan adiante ideas que demostran as múltiples posibilidades que aínda nos ofrece o ámbito rural, e que ó mesmo tempo evitan o despoboamento que ameaza ás áreas non urbanas.
Estas iniciativas supoñen un paso máis cara á consolidación da economía rural, xa que incorporan ós seus procesos (ademais da produción propiamente dita) elementos de transformación e comercialización que outorgan un maior valor engadido á actividade desenvolvida e son, por tanto, garantía para a continuidade dos proxectos.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE