O tamaño das explotacións gandeiras de Galicia é moi inferior á media da Unión Europea, e detéctase unha escasa capacitación técnica e económica entre os seus titulares, máis visible canto máis pequena é a dimensión desa explotación. Polo tanto, é preciso un apoio externo que axude ós gandeiros cunha formación deficitaria a mellorar os seus resultados e impulsar a súa adaptación ó cambio cara a un sistema de traballo máis eficaz e rendible.
Por outra banda, a tendencia cara á intensificación productiva das explotacións gandeiras de leite non é compatible cos principios e criterios que a Política Agraria Común da UE marca para os próximos anos; en Europa valóranse máis cuestións como o respecto polo medio ambiente, a produción sostible, o benestar animal ou a seguridade alimentaria que a simple produción medida en termos cuantitativos.
É evidente entón a necesidade de crear un modelo de explotación láctea que facilite a organización e optimización dos recursos das explotacións gandeiras de Galicia asociadas ás nosas cooperativas agrarias, para a mellora das súas rendas e a adaptacións ós principios e directrices que nos chegan do ámbito comunitario.
Gestión técnico-económica en explotaciones ganaderas 01/07/2004
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE