|
  |
28/09/05
Pilar Cancela Rodríguez nova Directora Xeral de Relacións Laborais.
No contexto dos cambios que está a introducir o goberno bipartito saído das últimas eleccións á Xunta de Galicia, Pilar Cancela Rodríguez sustituye a Antonio de la Hera Roldán como directora Xeral de Relacións Laborais. |
|
  |
17/08/05
Terceiro Coloquio Ibérico de Cooperativismo e Economía Social
A celebrar en Lisboa os vindeiros 9 e 10 de setembro. |
|
  |
12/08/05
Nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia
O Diario Oficial de Galicia do 12 de agosto de 2005, publicou a nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Nesta remodelación, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais pasa a denominarse Consellería de Traballo. Na súa nova organización conta cunha Secretaría Xeral e tres direccións xerais: Dirección Xeral de Promoción do Emprego, Dirección Xeral de Formación e Colocación e Dirección Xeral de Relacións Laborais.
En posteriores publicacións completarase a estrutura e funcións do novo organigrama da Xunta de Galicia. |
|
  |
14/07/05
Calendario laboral oficial de Galicia para 2006
O Consello da Xunta aprobou o 14 de xullo o calendario laboral oficial para 2006. Pode descargar o Calendario Laboral 2006 desde a seguiente dirección: http://www.cooperativasdegalicia.com/docs/CalendarioLaboral2006.pdf ou tamén desde a sección de Biblioteca no Centro de Documentación do Portal. |
|
  |
01/07/05
JOSÉ LUIS LÓPEZ VÁZQUEZ, NOVO PRESIDENTE DE AGACA
Apoiado por unanimidade, a súa foi a única candidatura presentada durante a XVII Asemblea Xeral que tivo lugar o pasado día 30 de xuño no compostelán Hotel Santiago Apóstol.
Venancio Rocha, Presidente de AGACA dende 1989 non se presentou á reelección.
|
|
103 de
108
|
|