Inscríbete Continúa aberto o prazo no "Obradoiro sobre emprendemento cooperativo rural" en A Estrada
29/08/2014
O principal obxectivo deste Obradoiro, aberto a todas aquelas persoas interesadas -especialmente mozos e mulleres-, con afán emprendedor, é impulsar a creación de emprego estable no medio rural.
Cun formato moi participativo, o Obradoiro sobre “integración da mocidade nas cooperativas agroalimentarias” motivará aos asistentes na idea de emprender un negocio e abranguerá cuestións como a avaliación xeral de oportunidades según as rendas e ingresos agrogandeiros, a fiscalidade, as distintas axudas públicas e cómo elaborar un plan de traballo.
Ademais exporanse casos reais de iniciativas empresariais de éxito no ámbito rural que sirvan de estímulo aos participantes. O equipo docente está integrado por técnicos de diversas áreas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.
Esta acción formativa desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para fomentar o espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.
Información e matrícula:
"Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio"
Lugar: Centro da Rede Eusumo Fundación Cultural A Estrada-Edificio de Usos Múltiples (Avda.Benito Vigo, 94, 2ª planta-A Estrada)
Datas: 15,16,17,18,22,23,24 de setembro de 2014 de 16:00 a 19:00 h
E-mail: agaca@agaca.coop
Web: www.agaca.coop
Teléfono: 981 584 783 / 981 584 911
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE