AGACA impartirá un curso de Benestar Animal nas instalacións de Feiraco, en Ames
06/08/2014
Dende o 14 e ata o 29 de agosto, terá lugar a celebración deste curso presencial, de 44 horas de duración, na Cooperativa Feiraco, en Ponte Maceira (Ames).
A través desta actividade formativa, homologada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, os participantes obterán a acreditación correspondente para a realización dun manexo seguro dos animais na granxa, respectando a normativa vixente en aras de protexer o benestar dos animais. O obxectivo último é mellorar a calificación profesional dos traballadores e socios das cooperativas agrarias. Tamén trataráse de fomentar a sensibilidade ambiental e formar en materia de igualdade.
O curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE