O peche do mercado ruso afecta a máis sectores dos previstos pola Comisión Europea
25/08/2014
Os produtos que recolle este regulamento son tomate, cenoria, repolo, pemento, coliflor, cogombro e cogombro novo, champiñón, mazá, pera, froitos vermellos, uva de mesa e kiwi. Así, os produtores destes sectores poderían acudir, cunha compensación comunitaria, a retiradas de produto, non colleita ou colleita en verde, tanto para socios como para non socios dunha Organización de Produtores de Froitas e Hortalizas (OPFH). O presuposto previsto para a aplicación destas medidas son os 125 millóns de euros, procedentes do fondo de crise da agricultura, aprobados o pasado luns 18 de agosto.
Cooperativas Agro-alimentarias xa alertou ás autoridades españolas e comunitarias que os problemas no mercado orixinados por esta crise se están a estender a un bo número de produtos, e empeorará a medida que vaian entrando en campaña outros sectores produtivos de froitas e hortalizas.
Cooperativas Agro-alimentarias insta á Comisión Europea a que amplíe o número de produtos cubertos por estas medidas e habilite os fondos necesarios para afrontar esta crise, que foi orixinado por un conflito político que nada ten que ver co funcionamento normal do mercado, e vai moito máis alá do sector e das medidas previstas na PAC e tamén insiste que, tras o peche do mercado ruso, cuxos intercambios ascenden a 2.000 millóns de euros en froitas e hortalizas, a Comisión Europea debería activar a preferencia comunitaria fronte ás importacións de terceiros países, que se verán beneficiados por ocupar a cota de mercado das exportacións europeas a Rusia.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE