AGACA organiza un curso de Benestar Animal na cooperativa O Rodo
20/07/2014
Dirixido a condutores, coidadores e persoal de granxas en xeral, este curso impartirase dende o luns 21 de xullo ata ó 8 de agosto nas instalacións da cooperativa O Rodo en Rodeiro, Pontevedra. O obxectivo será obter a capacitación necesaria para a realización dun manexo seguro dos animais da granxa, respectando a normativa vixente.
Homologado pola Consellería do Medio Rural e do Mar, o curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Terá carácter presencial, unha duración de 44 horas e o fin último é o de mellorar a cualificación profesional dos traballadores e socios das cooperativas agrarias.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE