CONCURSO DE INICIATIVAS DE PROXECTOS COOPERATIVOS EXPERIMENTAIS
25/04/2005
LUGAR DE PRESENTACIÓN:
Os proxectos recibiranse no Centro Tecnológico del Mar . Fundación CETMAR: rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 . Bouzas . Vigo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Entre o 15 abril e o15 de Novembro de 2005, de luns a venres no horario de 9:00 a 14:00.
MÁIS INFORMACIÓN:
Contactar con Eva Álvarez : ealvarez@cetmar.org
BREVE RESUMO:
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Centro Tecnolóxico do Mar . Fundación CETMAR convocan o CONCURSO DE INICIATIVAS DE PROXECTOS COOPERATIVOS EXPERIMENTAIS correspondente ó ano 2005.
Outorgarase un único premio de 5.000 . ó mellor proxecto presentado dos cales 3.000 se entregarán tralo fallo do Comité, e 2.000 se entregarán trala presentación dunha memoria das xestións realizadas para a posta en marcha do proxecto. Haberá tamén dous accésit de 1.000 . cada un para o segundo e terceiro mellores proxectos. Os proxectos de maior interese incorporaranse a un catálogo de referencia.
BASES DO CONCURSO DE INICIATIVAS DE PROXECTOS COOPERATIVOS EXPERIMENTAIS
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (en adiante AGADER) e o Centro Tecnolóxico do Mar . Fundación CETMAR (en adiante, CETMAR) convocan a participar no CONCURSO DE INICIATIVAS DE PROXECTOS COOPERATIVOS EXPERIMENTAIS correspondente ó ano 2005.
A participación neste Concurso está suxeita ás seguintes bases , que se considerarán coñecidas e aceptadas polo feito de presentar un proxecto.
1- Poderán participar neste Concurso as persoas pertencentes a colectivos tales como axentes de desenvolvemento local, axentes de extensión pesqueira, de extensión agraria, técnicos de emprego, técnicos de grupos de acción local, orientadores educativos e laborais, e demais técnicos das Consellerías de Pesca, Agricultura e Asuntos sociais, Emprego e Relacións Laborais, así como técnicos das asociacións de cooperativas, etc. Así mesmo o Concurso estará aberto a todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade, que presenten proxectos orixinais e inéditos escritos en galego ou castelán.
2- Os Proxectos terán por obxecto o impulso e aproveitamento integral dos recursos locais no ámbito galego, a través da fórmula cooperativa, de xeito que podan incentivar o desenvolvemento local en xeral, e rural en particular. Ademais, deben terse en conta as liñas de acción definidas no Plan estratéxico para o cooperativismo.
3- Poderán presentarse proxectos individuais ou colectivos. Cada persoa poderá participar nun só proxecto individual e/ou nun só proxecto colectivo. A participación en máis de un proxecto únicamente será admisible cando sexan proxectos de diferente modalidade (individual e colectivo).
4- Deberá presentarse unha copia de cada proxecto, encadernada ou afillada, escritas en galego ou castelán, en papel formato A4 (DIN-A4, 210 x 297 mm), claramente impresa a espacio simple en Century Gothic 12 ou tipo de letra similar e nunha soa das caras da folla. A extensión máxima dos proxectos será de 20 follas (incluíndo no cómputo os anexos). Ademais será obrigatorio enviar os proxectos en formato electrónico (arquivos de texto ou PDF a través da páxina web www.cooperativasdegalicia.com) de forma complementaria o envío en papel. A admisibilidade das propostas determinarase dacordo coa data que figure no mataselos. En caso de entregarse persoalmente se considerará a data do rexistro de entrada no CETMAR.
5- Os proxectos recibiranse entre o 15 abril e o 15 de Novembro de 2005 no CETMAR: rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 . Bouzas . Vigo, de luns a venres no horario de 9:00 a 14:00. Os textos entregados ou enviados fora desas datas non serán admitidos no concurso.
6- O Comité Xestor do Convenio de colaboración entre a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o CETMAR para actividades de promoción cooperativa no ámbito de desenvolvemento local (de agora en diante, O Comité), será o encargado de avaliar os proxecto e emitir un fallo. A decisión tomarase por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos do Comité. O fallo darase a coñecer na web www.cooperativasdegalicia.com .
7- Cada proxecto presentarase firmado cun pseudónimo na carátula e acompañado por un sobre, debidamente pechado e lacrado; no seu fronte indicarase o pseudónimo usado polo/s autor/es. No interior dese sobre deben figurar os datos persoais e de contacto do autor para os proxectos individuais e de cada un dos compoñentes do grupo de traballo nos proxectos colectivos: nome e apelidos, D.N.I. ou número de pasaporte, domicilio, teléfono, e dirección de correo electrónico, se a tivera/n. Dito sobre permanecerá invariablemente pechado, a excepción dos correspondentes proxectos que acaden os premios e de aqueles que sexan seleccionados para formar parte dun catálogo de referencia. O equipo responsable da súa recepción comprométese a manter o anonimato destes participantes; de ser necesaria, a súa identificación posterior se realizará a través do sobre lacrado.
8- Cada proxecto entregado estará acompañado ademais dunha nota escrita polo/s autor/es e firmada co seu pseudónimo, na que aceptará expresamente as bases e condicións do Concurso e declarará que a obra é da súa autoría, inédita, que non foi presentada a outro concurso pendente de resolución e que non ten cedidos ou prometidos os dereitos de edición e/ou reproducción en calquera forma con terceiros. No sobre pechado e lacrado indicado na cláusula 8, incluirase unha certificación firmada co nome e apelido do autor, na que este se fai expresamente responsable da veracidade e exactitude da declaración mencionada nesta cláusula. No caso de faltar este requisito, o proxecto quedará excluído do Concurso.
9- Ó/s autor/es do mellor proxecto recibirá/n un único premio de 5.000 Euros, dos cales 3.000 se entregarán tra-lo fallo do Comité, e 2.000 se entregarán tra-la presentación dunha memoria das xestións realizadas para a posta en marcha do proxecto; será preciso adxuntar a documentación acreditativa que xustifique como mínimo a conformación do grupo promotor do proxecto, coa relación de nomes e apelidos e a acta da súa primeira reunión.
Ademais daranse dous accésit de 1.000 Euros cada un ó/s autor/es dos proxectos considerados como segundo e terceiro mellores. Os proxectos de maior interese incorporaranse a un catálogo de referencia. O concurso poderá ser declarado deserto.
10- O outorgamento dos premios establecidos neste Concurso implica, sen necesidade de declaración algunha por parte dos autores, o recoñecemento do dereito exclusivo a favor dos membros do Comité, a reproducir, traducir, difundir e por en práctica os proxectos premiados nas condicións, cos medios e a través dos suxeitos, entidades ou institucións que consideren oportunos.
11- A presentación dun proxecto neste Concurso implica a aceptación, por parte dos autores das presentes bases.
12- Os concursantes exoneran de toda responsabilidade ás entidades que forman o Comité, no caso de que os proxectos resultaran danados ou destruídos por caso fortuíto ou forza maior, mentres estiveren en poder do mesmo. Os materiais presentados NON serán devoltos.
13- O Comité reservase o dereito a difundir o nome e/ou imaxes dos gañadores, polos medios e formas de comunicación que crean convenientes durante todo o tempo que considere necesario e sen obrigación de realizar compensación algunha. Considerase que os participantes no Concurso prestaron o seu consentimento ó presentar o proxecto.
14- As presentes bases teñen carácter administrativo, rexéndose os seus efectos polo establecido nas súas cláusulas e no seu defecto pola normativa xeral que lle sexa de aplicación. Para o seguimento da súa execución ou coñecemento de calquera cuestión sobre a súa interpretación, modificación, resolución ou efectos das mesmas que poida xurdir acudirase ó Comité. Caso de persisti-las desavenencias, elevarase a resolución do conflicto á Conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relación Laborais. Contra a resolución da Consellería, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE