ASUNTOS SOCIAIS E EDUCACIÓN CONVOCAN A III EDICIÓN DO CONCURSO DE COOPERATIVAS PARA ESTUDIANTES DE PRIMARIA E SECUNDARIA
25/04/2005
As consellerías de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e Educación e Ordenación Universitaria xunto co Consello Galego de Cooperativas, convocan a terceira edición os concursos escolares de debuxo, pintura e vídeo sobre cooperativismo, dirixido a todo o alumnado de educación primaria e secundaria. Este ano introdúcese unha nova modalidade, de actividades cooperativizadas, dirixida aos alumnos de ESO.
Os centros que desexen participar e resulten seleccionados en ámbalas dúas modalidades poderán organizar xornadas sobre cooperativismo, visitas a cooperativas, xogos cooperativos e calquera outra actividade de divulgación dos valores cooperativos. Para a realización destas actividades os centros contarán cunha dotación de 1.000 euros cada un deles.
Os interesados en participar deberán presentar traballos que poderán consistir en debuxos ou vídeos e, no caso de actividades cooperativizadas, poderán organizar unha viaxe de ampliación de estudos, un festival de fin de curso, un campionato deportivo, un xornal, unha páxina web, un programa de radio ou unha obra de teatro. Os traballos premiaranse con ordenadores, diversas dotacións económicas e accésits.
ALUMNOS DE FP
Para o alumnado de Formación Profesional convócase un concurso de proxectos empresariais cooperativos. Os centros seleccionados contarán tamén con 1.000 euros cada un deles para a realización das distintas actividades que xiren arredor da idea cooperativa. Os premios consistirán en dotacións en métalico, viaxes para visitar cooperativas ou en cheques para libros.
As bases destes concursos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia do 29 de marzo e nas páxinas web das consellerías de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e de Educación e Ordenación Universitaria ou desde o enlace relacionado coa noticia.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE