inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












O Programa de Produción e Comercialización agraria de Calidade Diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA roza o millón de euros de facturación en 2013.


 
 
Envíe a un Amigo


16/06/2014
Coincidindo coa 37ª Feira Internacional Semana Verde de Silleda 2014, o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, e o presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), José Montes, renovaron o protocolo de colaboración, posto en marcha no 2011 para impulsar o desenvolvemento e a innovación sostible do cooperativismo agrario a través de programas de colaboración que garantan unha produción e comercialización agrícola galega de calidade diferenciada. O acto de firma contou coa presenza da conselleira de Medio Rural e do Marda Xunta de Galicia, Rosa Quintana.

Este protocolo permitirá seguir potenciando a comercialización de produtos agrarios de calidade, con trazabilidade, e adaptados ás condicións técnicas e loxísticas do grupo de distribución. Entre os seus obxectivos encóntrase ampliar as categorías de produtos da horta que desenvolven, mantendo as recollidas no convenio anterior.

As cinco cooperativas de AGACA que na actualidade forma parte deste proxecto viron notablemente incrementada a súa facturación no último exercicio 2013, ascendendo case un millón de euros. Cifra que prevén mellorar nos próximos anos coa axuda ademais de novos socios para aumentar o volume de produción e abastecer así a crecente demanda do mercado.

De cara a este 2014, as estimacións falan dun incremento do 25, cunha facturación próxima aos 1.300.000 euros e a comercialización de máis de 1 millón de quilos de 30 produtos típicos da nosa terra e de gran calidade.

A seguridade alimentaria é unha das principais preocupacións do consumidor de hoxe, que aposta por produtos frescos e naturais e que encontra na horta unha gran fonte deste tipo de alimentos. Grazas ao convenio de Vegalsa-Eroski e AGACA, en 2013 a produción aumentou un 32. O alimento máis demandado foi o pemento de Padrón, seguido do tomate, a leituga, o feixón e a cebola, significando o 70 do volume total comercializado.




  Máis Novas Relacionadas
 · As cooperativas condenan os ataques a camións españois en Francia e piden ás administracións que centren os seus esforzos en lograr medidas excepcionais para reactivar o mercado do melocotón
 · AGACA organiza un curso de Benestar Animal na cooperativa O Rodo
 · Cooperativas Agro-alimentarias de España asume a proposta do MAGRAMA para estabilizar o mercado e regular a oferta
 · AGACA rexeita o anteproxecto de Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas por Menores
 · O 2013 foi o ano récord para Feiraco cunha facturación de 114 millóns de euros
  Biblioteca Relacionada
 · Impulso de Novos Proxectos Cooperativos (Guía Recursos)
 · Consumo Consciente
 · Manual de Produción Integrada
 · Guía Practica para unha boa compra
 · Manual de Boas Prácticas para a Xestión Cooperativa
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE