As cooperativas condenan os ataques a camións españois en Francia e piden ás administracións que centren os seus esforzos en lograr medidas excepcionais para reactivar o mercado do melocotón
20/07/2014
Como aconteceu na reunión do venres pasado, este encontro celebrouse nun clima de máxima tensión, debido aos ataques a camións de froita españois na fronteira, que se iniciaron hai días e que se repetiron onte en Perpiñán. O MAGRAMA, Cooperativas Agro-alimentarias de España e o resto de organizacións españolas condenaron e presentaron unha queixa enérxica ante os representantes do sector e da administración francesa. Denunciaron estas agresións, que constitúen unha violación do dereito de libre circulación na Unión Europea, e criticaron ó Goberno francés por non evitar, ou mesmo auspiciar, que os produtores franceses tomen a xustiza pola súa man.
Para Cooperativas Agro-alimentarias estas saídas violentas están a desviar a atención e os esforzos das administracións, que deberían estar exclusivamente centradas en colaborar e traer solucións a unha crise de mercado moi grave, que afecta por igual ao conxunto de produtores europeos, os que aspiran a convivir e gañarse a vida pacificamente nun mercado europeo único. A derruba dos prezos -os cales se situaron por debaixo dunha mínima rendibilidade-, que afecta gravemente a produtores e cooperativas, non é achacable a ningún país; encontraría a súa orixe no incremento da colleita en 2014 e no solapamento dos calendarios de comercialización nas principais rexións produtoras debido á meteoroloxía adversa rexistrada.
Cooperativas Agro-alimentarias de España pediu ás administracións presentes que sigan insistindo ás autoridades comunitarias na necesidade de poñer en marcha as ferramentas recentemente aprobadas no marco da "OCM Única.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE