inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












AGACA rexeita o anteproxecto de Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas por Menores


 
 
Envíe a un Amigo


19/06/2014
Aínda estando de acordo coa finalidade última do documento de traballo do Anteproxecto de Lei de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas por Menores e os seus Efectos, que procura previr o consumo de alcohol entre os menores de idade, considera desproporcionadas e ineficaces as medidas a adoptar, atentando directamente contra a liberdade individual dos adultos que, a diario, consumen viño de xeito moderado.

O problema está no mal uso que se fai dos produtos, é un problema de conduta, polo que, prohibir, reprimir, marxinar e demonizar o produto afástase do que debería constituír a prioridade para as autoridades: a educación e prevención.

Precisamente, en materia de educación e prevención, o sector do viño xa está a implementar o programa europeo Wine in Moderation, que defende o consumo responsable do viño como unha norma social e cultural. Ademais, o Anteproxecto de Lei contradí á Lei da Viña e o Viño aprobada polo Parlamento Español en 2003 onde se define ao viño como un alimento e se recoñece a posibilidade de promover o fomento do consumo moderado e responsable do viño no ámbito da Dieta Mediterránea, mentres que agora quere prohibirse.

As cooperativas entendemos que unha Lei como esta contribuiría a fomentar un descenso no consumo entre a poboación adulta o que, poría en risco a supervivencia de toda unha industria tan relevante no PIB español, e tan importante para a estabilidade de rexións tan vinculadas a este alimento como poden ser, en Galicia, as Rías Baixas, o Ribeiro, a Ribeira Sacra, Valdeorras ou Monterrei.

Nos últimos 30 anos tense constatada unha diminución continuada do consumo do viño en España, que alcanza o 40 mentres que, no mesmo período, os problemas derivados do alcohol en mozos víronse aumentados, o que reforza a percepción de que o problema non está no viño en si mesmo, senón na conduta ou comportamento.

O viño non debe considerarse como un simple ben de consumo, é un valor da nosa civilización, enraizado coa cultura, a historia e a propia identidade ademais de supoñer un importante valor económico en moitas das nosas comarcas.



  Máis Novas Relacionadas
 · As cooperativas condenan os ataques a camións españois en Francia e piden ás administracións que centren os seus esforzos en lograr medidas excepcionais para reactivar o mercado do melocotón
 · AGACA organiza un curso de Benestar Animal na cooperativa O Rodo
 · Cooperativas Agro-alimentarias de España asume a proposta do MAGRAMA para estabilizar o mercado e regular a oferta
 · O 2013 foi o ano récord para Feiraco cunha facturación de 114 millóns de euros
 · O Programa de Produción e Comercialización agraria de Calidade Diferenciada de Vegalsa-Eroski e AGACA roza o millón de euros de facturación en 2013.
  Biblioteca Relacionada
 · Impulso de Novos Proxectos Cooperativos (Guía Recursos)
 · Consumo Consciente
 · Manual de Produción Integrada
 · Guía Practica para unha boa compra
 · Manual de Boas Prácticas para a Xestión Cooperativa
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE