Numax, S.Coop.Galega preséntanos o seu laboratorio de produción gráfica e audiovisual
11/12/2014
NUMAX é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro que está traballando para abrir, no centro de Santiago de Compostela, unha sala de cinema con libraría. Desta volta, queren amosarnos outra das liñas de actividade que desenvolven dende a cooperativa: o laboratorio de produción gráfica e audiovisual.
O laboratorio xa está en funcionamento, e conta cunha oferta de servizos que cubren un amplo abano de traballos gráficos sobre distintos soportes e todo o proceso de gravación, edición e posprodución de vídeo. Ofertan diferentes formatos: documentais breves, teasers ou cuñas publicitarias, complementadas coa proxección na sala de cinema.
Convidámosvos a coñecer polo miúdo a súa interesante oferta
Para máis información, podedes contactar:
NUMAX, S. Coop. Galega
t. 686 138 443 | 666 618 490
www.numax.org | laboratorio@numax.org
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE