inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












“A Economía atópase coas Persoas” : I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria. 27-28-29 novembro, Zaragoza


 
 
Envíe a un Amigo


20/11/2014


Xa hai perto de 500 persoas inscritas ao I Congreso Internacional de Economía Social e Solidaria (ESeS), que se celebra do 27 ao 29 de novembro en Zaragoza, reunirá a organizacións sociais, administracións, empresas, emprendedores/as e consumidores/as comprometidos/as para pór en común experiencias ao redor da economía social e solidaria e dialogar sobre as súas posibilidades de futuro.

Está organizado por Reas Aragón (Rede de Economía Alternativa e Solidaria), apoiado polo Ayuntamiento de Zaragoza, e colaboran diversas entidades e colectivos.

Baixo o lema A Economía atópase coas Persoas, o encontro distribúese por toda a cidade para achegar modelos económicos máis éticos a unha poboación que procura alternativas reais á crise. O congreso será tamén un evento clave para o fortalecemento das redes de economía social e solidaria xa existentes, ben como para a creación de novas alianzas.

Seis eixos temáticos principais e transversais procuran abordar de forma integrada e ampla os temas principais que ocupan a práctica e a teoría da economía solidaria:

- Diálogos entre a ESyS, as administracións públicas e outras organizacións sociais.
- Innovación cidadá en consumo.
- Oportunidades e desafíos das finanzas éticas.
- Xeración e transferencia de coñecemento en Economía Social e Solidaria: achegas desde o feminismo e outras economías.
- Creación e sustentabilidade de tecido económico solidario.
- Economía Social e Solidaria no medio rural.

Os eixos despregaranse a través de diferentes tipos de actividades pensadas para públicos e níveis de profundización diversos. Deste xeito, preténdese xerar diferentes itinerarios de experimentación do Congreso en función dos intereses, as inquietudes e os coñecementos dos/as asistentes.

Porén, o Congreso é moito máis: Dous foros achegarannos experiencias inspiradoras sobre temas transversais de interese xeral. As organizacións de economía social e solidaria terán a ocasión de atoparse nun espazo Meetic. As/Os consumidoras/es comprometidas/os poderán informarse sobre alternativas de consumo nun espazo MeCambio. E unha gran gala de premios pechará o Encontro, que durante o tres días contará con programación cultural.

Ademais, o 26 e 27 de novembro, tamén en Zaragoza, celebrarase un Seminario sobre Administracións Públicas e Economía Social. E, en paralelo ao Congreso, o 28 e 29 de novembro, un Encontro de Xovenes Investigadores/as.

http://economiameeting.net/es/



  Máis Novas Relacionadas
 · ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CURSO DE FOMENTO COOPERATIVO DA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN
 · Proxecto Semente 2014-15. A Unión de Cooperativas de Traballo colabora nel unha edición máis
 · Cooperativa Cine e Documental acada financiamento para o proxecto "Chacra"
 · Ugacota colabora no Programa Co-emprendes, no Concello de Camariñas
 · Ugacota asinou un Convenio con Érguete e "La Caixa" : Programa Incorpora
  Biblioteca Relacionada
 · Axudas aos concellos e outras entidades locais 2013
 · Certame Cooperativismo no Ensino 2013
 · Concurso de Iniciativas Cooperativas 2013
 · Premios á Cooperación 2013
 · Axudas para asociacións de coop. e de soc. laborais
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE