ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CURSO DE FOMENTO COOPERATIVO DA PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN
27/11/2014
A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pon en marcha novas edicións dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas, ofertándose agora, totalmente gratuíto, o novo módulo correspondente a:
Fomento Cooperativo: 50 horas de duración (40 horas teleformación e 10 horas presenciais) (2 edicións).
O obxectivo do curso de Fomento Cooperativo é facilitar unha visión integral e práctica das características das cooperativas, das súas oportunidades e potencialidades para o emprendemento e a creación de emprego, das estruturas e estratexias de dinamización, etc., así como dar a coñecer os incentivos, medios, recursos e ferramentas existentes para a promoción desta fórmula empresarial.
O curso de Fomento Cooperativo está dirixido especialmente a técnicos/as das oficinas de fomento cooperativo e das entidades adheridas á Rede Eusumo, así como a outros axentes intermedios.
As persoas interesadas en participar nos cursos poden formalizar a inscrición en www.teleformacioncooperativa.com así como obter máis información na web www.cooperativasgalicia.coop ou nos teléfonos 881 999 268 – 654 728 621.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE