¿A qué esperas para anotarte? Novo Obradoiro de integración da mocidade nas cooperativas agroalimentarias en Ames
24/07/2014
Impulsar a creación de emprego estable no medio rural mediante o cooperativismo é o principal obxectivo deste curso organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. A matrícula está aberta a todas as persoas interesadas, especialmente mozos e mulleres, con espírito emprendedor e ganas de aprender.
O obxectivo será promover o espírito cooperativo e asociativo entre a mocidade e estimular o atractivo do traballo agro-gandeiro. Os participantes poderán valorar que para o seu futuro profesional tamén existe a opción do autoemprego cooperativo. Durante a sesión os alumnos coñecerán as principais vantaxes que achega o cooperativismo e a economía social, así como unha selección de casos de éxito de emprendemento no medio rural e oportunidades de negocio.
Información e matrícula
Título: “Obradoiro de integración da mocidade nas cooperativas
Lugar: Centro da Rede Esumo FUNDACION FEIRACO. Pontemaceira-Agron s/n. Ames (A Coruña)
Datas: 13, 14, 15, 16, 20, 21, 22 de outubro de 2014 de 15:30 a 18:30 h
E-mail: agaca@agaca.coop
Web: www.agaca.coop
Teléfono: 981 584 783 / 981 584 911
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE