inicio


Castelán Galego
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave












Comezan os traballos para a elaboración da Estratexia para o Impulso do Cooperativismo 2016-2020


 
 
Envíe a un Amigo


21/10/2015
A Subdirección de Cooperativas e Economía Social está a traballar na elaboración da Estratexia para o Impulso do Cooperativismo 2016-2020, para o que conta coa colaboración das diferentes Asociacións de Cooperativas Galegas. Para isto, en setembro constituíronse os distintos Grupos de Traballo, formados por un variado equipo multidisciplinar.

A mencionada Estratexia forma parte do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, dentro do apartado correspondente á promoción do cooperativismo e a economía social como forma de xerar emprego e contribuír ao desenvolvemento económico e social de Galicia.

A Estratexia busca superar retos como a mellora das posibilidades de financiamento das empresas de economía social ou a optimización da súa xestión e a súa competitividade, ademais de fomentar o autoemprego e o emprendemento.

As reunións dos Grupos de Traballo véñense celebrando desde o pasado mes e continuarán durante outubro e novembro. Analízanse 5 áreas:
– Cultura cooperativa
– Emprendemento e Autoemprego
– Mellora da Xestión e da Competitividade
– Financiamento
– Institucional

AGACA e as súas cooperativas socias participan na elaboración da Estratexia para o Impulso do Cooperativismo 2016-2020 do seguinte xeito:

• Grupo de traballo Cultura cooperativa
Loli Couso (Resp. Formación Agaca)

• Grupo de traballo Emprendemento e Autoemprego
Carlos Ares (Resp. Gandaría e Promoción Cooperativa Agaca)

• Grupo de traballo Mellora da Xestión e da Competitividade
José Luis Antuña (Feiraco, S. Coop. Galega)
Emilio Rodríguez (Coren, S. Coop. Galega)
Ruth Rodríguez (Resp. Comercializac. e Internacionalización Agaca)
Higinio Mougán Bouzón (Director-Xerente Agaca)

• Grupo de traballo Financiamento
David Vila (Responsable asesoramento contable, laboral e fiscal Agaca)

• Grupo de traballo Institucional
José S. Montes (Presidente Agaca e Feiraco, S. Coop. Galega)



  Máis Novas Relacionadas
 · Metal Unión, unha cooperativa de traballo que celebran o seu 20 aniversario
 · UGACOTA cubriu 297 prazas nos Plans de Formación Continua 2014-2015
 · Emprega a marca mundial que distingue ás cooperativas ".COOP ", usada por 1.450 cooperativas en 103 países
 · O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente expón ás Comunidades Autónomas as medidas de impulso ao cooperativismo agroalimentario no Programa de Desenvolvemento Rural
 · AGACA e CTC presentan o Proxecto Innoalcoop sobre innovación na comercialización e procesado alimentario
  Biblioteca Relacionada
 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE