Cooperativas Agro-alimentarias de España asume a proposta do MAGRAMA para estabilizar o mercado e regular a oferta
14/07/2014
Entre as medidas destaca a destilación obrigatoria para determinados tipos de viños, naquelas zonas produtoras cuxa produción na campaña 2013/14 fose superior nun 50 á media das últimas catro campañas, e para os produtores que obtivesen un rendemento superior a un volume que se determinará antes da vendima. O volume máximo de retirada será de 4 millóns de hectolitros. Así mesmo, o alcohol que resulte da destilación utilizarase con fins industriais ou enerxéticos, sen que perturbe o mercado dos de consumo.
Cooperativas Agro-alimentarias de España valora especialmente o paquete de medidas propostas polo MAGRAMA a máis longo prazo, porque significan un punto de inflexión para lograr a autorregulación do sector e mellorar a transparencia do mercado. Unha desas medidas, solicitada por Cooperativas Agro-alimentarias de España, é desenvolver a normativa que propicie a constitución das Organizacións de Produtores Vitivinícolas, OPVs. Así mesmo, constituirase a Interprofesional do Viño.
Cooperativas Agro-alimentarias de España considera tamén necesario retomar a batalla en contra da chaptalización a nivel europeo, polo dano que supón para a produción vitivinícola mediterránea, e por iso apoiará as actuacións que leve a cabo o MAGRAMA en Bruxelas. Así mesmo, considera positivo que se realice un seguimento continuado do mercados e que se establezan normas de control que garantan os datos.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE