Queres ser emprendedor no rural? Inscríbete neste Obradoiro en A Estrada
24/07/2014
Impulsar a creación de emprego estable no medio rural a través do cooperativismo, como fórmula empresarial idónea é o principal obxectivo deste obradoiro, de carácter gratuito, e dirixido especialmente a mozos e mulleres, con espírito emprendedor e ganas de emprender.
Cun formato moi participativo, o "Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio" abranguerá cuestións como a xeración e maduración de ideas, a elaboración dun plan de empresa cooperativo, a mercadotecnia empresarial e as distintas axudas públicas dispoñibles.
Ademais exporanse casos reais de iniciativas empresariais de éxito no ámbito rural que sirvan de estímulo aos participantes. O equipo docente está integrado por técnicos de diversas áreas da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias. Esta acción formativa desenvólvese no marco da Rede Eusumo, unha iniciativa de intercooperación impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para fomentar o espírito emprendedor no ámbito local.
Información e matrícula
"Obradoiro sobre emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio"
Lugar: Centro da Rede Eusumo Fundación Cultural A Estrada-Edificio de Usos Múltiples (Avda.Benito Vigo, 94, 2ª planta-A Estrada)
Datas: 15,16,17,18,22,23,24 de setembro de 2014 de 16:00 a 19:00 h
Correo Electrónico: agaca@agaca.coop
Web:www.agaca.coop
Teléfono: 981 584 783 / 981 584 911
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE