26/05/2005
A Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais convoca subvencións para a realización de actividades de promoción do cooperativismo por parte dos concellos de Galicia. Así se recolle nunha orde publicada o 24 de maio de 2005 no DOG.
As actividades obxecto da subvención poderán consistir en calquera tipo de acción promocional do cooperativismo dirixida ao ámbito territorial do concello solicitante e a súa área de influencia. Terase en conta o enfoque de carácter práctico das actividades e a súa implicación coa realidade do contorno socioeconómico local onde se desenvolvan.
Ademais, a comisión de avaliación dos proxectos valorará a adecuación dos mesmos aos obxectivos e liñas de actuación do Plan Estratéxico do Cooperativismo; que estean encamiñados a facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais que dean saída profesional aos desempregados da zona; que se dirixan ao aproveitamento integral dos recursos humanos e materiais locais; e que sexan proxectos innovadores.
A contía das subvencións non superará o 80% dos gastos necesarios para a realización das actividades. Os concellos interesados en acceder a esas axudas deberán presentar as súas solicitudes antes do vindeiro 15 de xullo e realizar as actividades antes do 30 de novembro. O orzamento de 2005 para esta axudas ascende a 36.064 ..
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE