Comparecencia do conselleiro de Traballo no Parlamento de Galicia
10/10/2005
Santiago, 10 de outubro de 2005.- Na súa primeira comparecencia nun Pleno do Parlamento de Galicia como conselleiro de Traballo, Ricardo Varela presentou hoxe as liñas básicas de actuación do departamento que dirixe para os vindeiros meses.
O titular de Traballo salientou na súa intervención o firme compromiso do actual Goberno por recuperar o diálogo cos axentes económicos e sociais, "así o entendeu o presidente da Xunta cando asumiu, como primeiro compromiso con Galicia, abrir o proceso de concertación social, e como primeira medida recibir aos axentes económicos e sociais", asegurou Varela.
Nesta liña a Consellería de Traballo márcase como obxectivo prioritario da súa acción política o impulso polo emprego de calidade, estable e seguro, a formación no traballo en todas as súas vertentes temporais (antes de acceder ao mercado laboral, durante a prestación laboral e de cualificación e mellora de cara á promoción futura), a igualdade real entre traballadoras e traballadores, e un salto definitivo na promoción e o desenvolvemento da economía social.
Segundo o conselleiro de Traballo, o cooperativismo precisa dun impulso decisivo, Ricardo Varela comprometeuse a manter contactos con outros departamentos da Xunta para potenciar este modelo empresarial e activar políticas transversais. Unha vez máis xoga un papel fundamental a concertación social, xa que neste marco se impulsará un "Acordo galego para o desenvolvemento do cooperativismo". Nesta liña o Consello Galego de Cooperativas recibirá un forte impulso así como un especial protagonismo neste plan de concertación social.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE