07/06/2004
Dentro do ámbito da Agricultura, a maior parte das explotacións do medio rural galego teñen pequenas dimensións e estruturas deficentes que dificultan a posición competitiva no mercado actual.
O Proxecto Espadelada, conscente da necesidade dun apoio externo que axude a concienciar ós cooperativistas dos beneficios de agruparse para adquirir unha maior dimensión e viabilidade económica e social, diseñou un programa que forma e asesora no tema do asociacionismo agrario.
Ademais do deseño e creación de novas sociedades agrarias de transformación dentro do ámbito rural, o grupo de traballo seleccionado para a execución do programa está a desenrolar un Manual de Agricultura de Grupo, que pretende recoller información básica sobre as diferentes opcións societarias, información fiscal, laboral, etc. á que poderán recurrir os titulares das explotacións do medio rural que demanden unha sociedade que agrupe as explotacións.
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE