Os Encontros do Mont-Blanc - Foro Internacional dos Dirixentes da Economia Social e Solidaria
25/09/2014
Dende 2004, os Encontros do Mont-Blanc reúnen dirixentes da economía social e solidaria de todos os continentes para aumentar a visibilidade e o recoñecemento internacional da economía social e solidaria. Os devanditos encontros desexan demostrar que é posible ser emprender de xeito distinto, para combinar eficacia social, cívica, ambiental e económica.
O Foro Internacional dos Dirixentes da Economía Social e Solidaria
Os Encontros do Mont-Blanc:
. son unha rede internacional de dirixentes de economía social e solidaria
. son unha caixa de resonancia para a economía social e solidaria internacional
. son unha fábrica de reflexións e debates
. son un lugar de incubación de proxectos
. son encontros internacionais temáticos
Reúnen dirixentes e responsables de decisións:
. de todos os continentes
. de todos os sectores de actividade
. de todas as familias da economía social e solidaria: cooperativas, mutuas, asociacións, fundacións, comunidades...
Invitan a:
. líderes sindicais e políticos
. investigadores e universitarios
. representantes de institucións internacionais
O pasado 22 de setembro celebrouse, na sede das Nacións Unidas en Nova York, a primeira reunión do Grupo Piloto de Economía Social e Solidaria. A sesión puido seguirse en directo dende a web de televisión en directo da ONU, e pódese visionar nesta ligazón.
Para máis información sobre os Encontros do Mont-Blanc :
Web: http://www.rencontres-montblanc.coop/
Páxina no Facebook: Les Rencontres du Mont-Blanc
Twiter: @montblancforum
Tf: + 33 (0)1 40 68 17 93
e-mail: contact@rencontres-montblanc.coop
Consello Galego de Cooperativas -
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE