inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave


  Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

A asemblea xeral

A asemblea xeral da cooperativa constituída validamente é a reunión dos socios para deliberar e tomar acordos como órgano supremo de expresión da vontade social, obrigando os seus acordos, se foron validamente adoptados, a todos os socios. Nas cooperativas cada socio terá un voto, agás supostos especiais en cooperativas agrarias, de mar e de servizos, e os acordos adoptaranse por máis da metade dos votos validamente expresados, agás que por lei ou estatutos se esixan maiorías reforzadas. Correspóndelle en exclusiva á asemblea xeral a adopción dos seguintes acordos:
  1. A aprobación do plan empresarial da cooperativa, presentado polo órgano da administración, que será o responsable da súa xestión e execución.
  2. O nomeamento e a revogación, por votación secreta, dos administadores, dos liquidadores, así como, de selo caso, dos interventores e dos membros do comité de recursos, e o exercicio da acción de responsabilidade contra eles.
  3. O nomeamento e a revogación dos auditores de contas.
  4. O exame da xestión social, a aprobación das contas anuais e da distribución de excedentes ou a imputación de perdas.
  5. O establecemento de novas achegas obrigatorias ou voluntarias, a fixación dos xuros que lles puidesen corresponder e a actualización delas.
  6. A emisión de obrigas, títulos participativos ou outro tipo de participacións que puidesen establecerse, ou de calquera outro título admitido en dereito.
  7. A aprobación ou modificación do regulamento de réxime interno da cooperativa.
  8. O establecemento ou a modificación das cotas de ingreso ou periódicas.
  9. A constitución de cooperativas de segundo grao e doutras formas de participación económica, así como a adhesión e separación delas.
  10. A modificación dos estatutos.
  11. A fusión, escisión, transformación, disolución e liquidación da sociedade.
  12. A creación de seccións e a aprobación e modificación, de selo caso, dos seus regulamentos de réxime interno.
  13. Acesión ou o alleamento da sociedade ou de parte desta, ou calquera outra decisión que supoña unha modificación substancial da estructura económica, social, organizativa ou funcional dela.
  14. Todolos demais acordos nos que así o estableza a lei ou os estatutos.
Así mesmo poderá debater a asemblea sobre cantos asuntos sexan de interese para a cooperativa, sempre que consten na orde do día, pero unicamente poderá tomar acordos obrigatorios en materias que a lei non considere competencia exclusiva doutros órganos sociais.


O consello reitor

O consello reitor é o órgano de goberno, xestión e representación da sociedade cooperativa. Os estatutos sociais establecerán a súa composición, debendo de existir, en todo caso, os cargos de presidente, vicepresidente e secretario, agás nas cooperativas de tres socios que acorden a axeistencia do órgano de intervención, que non será necesario o vicepresidente.

O presidente do consello rector, que tamén o será da cooperativa terá a representación legal dela, sen prexuízo de incorrer en responsabilidade se a súa actuación non se axusta aos acordos da asemblea xeral e do consello rector. No caso de cooperativas con menos de 10 socios, os estatutos poden establecer a existencia dun administrador único co mesmo réxime e competencias que o consello rector.

Os membros do consello reitor ou administrador único serán elixidos pola asemblea xeral por un período de entre dous e seis anos que fixarán os estatutos. O nomeamento producirá efectos desde a súa aceptación e deberá inscribirse no rexistro de cooperativas competente. Se os estatutos sociais o prevén, o consello reitor poderá nomear, por maioría de dous tercios dos seus membros e de entre eles, un ou varios conselleiros delegados, persoas físicas, con facultades xerais referidas exclusivamente ao xiro e tráfico empresarial ordinario da cooperativa.


Os interventores

Os interventores son un órgano de carácter voluntario con distintas funcións coma a censura das contas anuais, controlar a levanza dos libros da cooperativa, decidir sobre os documentos que acreditena representación dos socios nas asambleas xerais, etc....
No caso de comtemplar a existencia deste órgano os estatutos deben fixar o seu número e o período de actuación entre 2 a 6 anos.



 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE