inicio


Castelán Galego
Cooperativismo
Inicio Contactar por correo elctrónico Anterior Siguiente Recomiéndenos

 Presentación
 Actualidade
 Normativa
 Centro de Documentación
 Información Cooperativa
 Teleformación Cooperativa
 Emprego Cooperativo
 Servizos


Buscador


Acceso Intranet
USUARIO  

CLAVE

Novo usuario | Olvidou a sua clave


  Cooperativas de Galicia 

Inicio
As Cooperativas  |  Persoas que a Forman  |  Os Seus Órganos Socias  |
  O seu Réxime Económico   | A súa Constitución   | As Medidas de Apoio   | 
Direccións de Utilidade   | Descargas  

Os socios cooperativistas

As cooperativas de primeiro grao deberán estar integradas, como mínimo, por tres socios, podendo selo tanto as persoas físicas como as persoas xurídicas segundo a clase de cooperativas. Nas cooperativas de traballo asociado os socios terán que ser persoas físicas.

Os estatutos establecerán os requisitos necesarios para adquirir a condición de socio, que en ningún caso poderán estar vencellados a motivos políticos, sindicais, relixiosos, de nacionalidade, sexo, raza ou estado civil.

En todo caso, para adquirir a condición de socio é necesario achegar a cantidade mínima obrigatoria que os estatutos establezan. Nas cooperativas de traballo asociado, os estatutos poden establecer un período de proba, que non excederá de seis meses e nas demais cooperativas, agás vivenda, crédito e seguros, que non o contempla non excederá de 12 meses.



Obrigas básicas dos socios

Os socios están obrigados a cumprir os deberes que a Lei de cooperativas de Galicia e os estatutos sociais establezan. Na lei recóllense como básicas as seguintes obrigas.
  1. Asistir ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os que fosen convocados.
  2. Cumprir os deberes legais e estatutarios, así como os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
  3. Participar na actividade cooperativizada que desenvolve o obxecto social da coperativa, na contía mínima obrigatoria establecida nos estatutos, agás liberación temporal da dita obriga por parte do órgano de administración, por causa xustificada e logo de solicitude motivada do socio afectado.
  4. Non realizar actividades competitivas coas propias desenvolvidas pola cooperativa, agás autorización expresa do órgano de administración.
  5. Gardar segredo sobre aqueles asuntos e datos da cooperativa dos que a divulgación poida prexudicar os intereses dela.
  6. Desembolsar as súas achegas ao capital social nas condicións previstas.
  7. Participar nas actividades de formación.
  8. Aceptar os cargos para os que fosen elixidos, agás xusta causa.


Dereitos dos socios

Os socios teñen, ademais dos dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais, os seguintes:
  1. A ser elector e elixible para os cargos dos órganos sociais da cooperativa.
  2. A formular propostas e participar con voz e voto na adopción de acordos nas reunións dos órganos sociais dos que sexa membro.
  3. A participar na actividade da cooperativa para o cumprimento do seu fin social, sen ningunha discriminación.
  4. A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
  5. A percibir o retorno cooperativo, de ser o caso.
  6. Á actualización e devolución das achegas ao capital social, así como a percibir xuros por elas, de ser o caso.
Ademais, todo socio ten dereito a recibir toda a información necesaria sobre a marcha da cooperativa, nos termos regulados no art. 23 da Lei 5/98 e nos estatutos sociais. Entre estes dereitos, cómpre destacar que é responsabilidade do órgano de administración entregar a cada socio unha copia dos estatutos sociais e do regulamento do réxime interno, así como das súas modificacións.

Así mesmo, os socios traballadores de cooperativas de traballo asociado e os socios de traballo teñen dereito a percibir, nun prazo non superior ao mes, anticipos societarios a conta dos resultados finais do exercicio económico, e ao desfrute do descanso semanal, festas, vacacións e permisos, nos termos fixados na lei e nos seus estatutos. Tamén teñen dereito a gozar dos beneficios da seguridade social nos termos previstos legalmente.

Normas de disciplina social

Os Estatutos establecerán conforme á lei, as normas de disciplina social dos socios, así como os procedementos sancionadores e os recursos procedentes. Os socios só poderán ser sancionados por faltas previamente tipificadas, debendo estar as faltas graves e moi graves establecidas nos estatutos sociais, podendo fixarse as leves no regulamento de réxime interno e por acordo da asemblea xeral.



Outros tipos de socios

A Lei de cooperativas de Galicia contempla a posibilidade de que ademais dos socios ordinarios ou propios da actividade cooperativizada, tamén poidan existir outras figuras de socios que polas súas características deben ter unha regulación específica.

Neste senso, o texto legal prevé a existencia de socios de traballo, socios excedentes, socios a proba e socios colaboradores. A cooperativa que desexe utilizar as figuras de socios a proba ou colaboradores debe prevelo nos seus estatutos sociais, regulando ademais as súas características concretas de acordo co establecido na devandita lei.




Asalariados

Nunha cooperativa poden existir traballadores contratados, tanto de xeito indefinido coma noutras modalidades de contratación. Nas cooperativas de traballo asociado, o número de horas/ano realizadas polo traballadores contratados non poderá ser superior ao 30% do total de horas/ano realizadas polos socios traballadores.
Non se contempla nesta porcentaxe:
  1. Os traballadores integrados na cooperativa por subrogación legal así como aqueles que se incorporen en actividades sometidas a esta subrogación.
  2. Os traballadores que substitúan socios traballadores ou asalariados en situación de excedencia ou incapacidade temporal, baixa por maternidade, adopción ou acollemento.
  3. Os traballadores con contratos de traballo en prácticas e para a foración.
  4. Os traballadores contratados en virtude de calquera disposición de fomento do emprego de dimiuidos físicos ou psíquicos.
  5. Os traballadores que se neguen explicitamente a ser socios traballadores.
  6. O persoal traballador a tempo parcial que non supere un 20% da xornada media habitual no sector do que se trate, ou o seu equivalente en horas/ano.
  7. O persoal asalariado contratado para substituir cooperativistas que desenvolvan tarefas de carácter representativo.

Este límite de contratación de asalariados poderá superarse por causas obxectivas de viabilidade ou boa marcha da cooperativa por un período máximo de 3 meses, ampliable a 1 ano, previa autorización adminstrativa.




 
Mapa de www.cooperativasdegalicia.com

Información Xeral

Benvida ao portal

As cooperativas

Consello Galego de Cooperativas
Direccións de utilidade

Actualidade

Últimas novas

Normativa

Disposicións

Axudas e subvencións

Centro de documentación

Biblioteca

Monográficos especiais
Asesoría cooperativa
Salón de vídeos

Información Cooperativa

Mapa de cooperativas

Consultoría

Formación

Teleformación cooperativa

Proxectos Europeos

Nexus Rede
Proxecto DESQOOP

Emprego Cooperativo

Emprego Cooperativo

Servizos

Taboleiro de anuncios

Enlaces de interese
O Tempo
Repositorio

Webs do Consello

Exposición Itinerante
Ideas Cooperativas en Acción
Web Do Ano Cooperativo 2012
Día do Cooperativismo Galego 2010
Día do Cooperativismo Galego 2011
Día do Cooperativismo Galego 2012
Día do Cooperativismo Galego 2013
Día do Cooperativismo Galego 2014
Día do Cooperativismo Galego 2015
Recursos educativos
Plan Estratéxico
Intercooperar
Investigación e innovación
Cooperativizate
Observatorio Cooperativo


Consello Galego de Cooperativas
- Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballoe Benestar - 2º andar
15781 Santiago de Compostela - Teléfono: 881 999 268 - Política de Privacidade - Financiado por Equal FSE